Leva case cen anos fechada ao público. Nunha situación privilexiada da RÃa de Arousa, a Illa de Cortegada sobrevive desde 1906 nun certo esquecemento que poderÃa rematar en breve de se cumpriren as intencións da Xunta de a incorporar ao dominio público. Un contorno ecolóxico dunha importancia fundamental, restos históricos e un enorme potencial turÃstico motivan o interese neste lugar.
¿Que ten a illa de Cortegada para que leve case cen anos, practicamente desde que se deshabitou, a se discutir sobre o seu destino? Residencia para reis, centro residencial, espazo para a explotación marisqueira, reclamo turÃstico, zona protexida... Esta pequena illa, de non mais de dous quilómetros e medio de contorno, tense revelado ao longo do último século como un lugar privilexiado para todo tipo de actividades, e os conflitos sobre o seu destino veñen resoando ao longo dos anos.
Reis e turismo
PodÃa ter sido unha segunda Illa da Toxa a nivel turÃstico. A súa situación destacada fixo que desde comezos do século XX se vise o lugar como un posible centro de veraneo. Foi con esta idea coa que, en 1902, o empresario arousán Daniel Poyán promoveu a iniciativa de lla agasallar á Casa Real para que construÃse alà o seu palacio de verán. Unha subscrición popular na comarca conseguiu reunir cartos abondo para adquirir este espazo e efectuar a doazón. AÃnda que a illa pasou a mans da MonarquÃa en 1910, finalmente esta instalación e toda a dinamización turÃstica que levaba aparellada foi para Santander, o que levou a que moitos veciños reclamasen o retorno da illa as súas mans. De calquera xeito, o terreo quedou en mans da familia Borbón, co acceso restrinxido, ata 1978, cando o Conde de Barcelona, don Xoán, acaba vendéndolla a unha inmobiliaria por sesenta millóns de pesetas. Este cambio de mans non mudou en moito a situación da Illa para o público. As visitas continuaban estando oficialmente prohibidas, e ademais o rico patrimonio da illa entraba nunha fase de especial perigo ante a intención dos novos propietarios de desenvolver unha urbanización no lugar.
Edificios contra natura
Desde aquela ata case os nosos dÃas, veuse desenvolvendo un intenso debate entre os partidarios de que a illa pasase ao dominio público e os que defendÃan as súas posibilidades como centro turÃstico. O proceso de venda e o risco de que este espazo fose vÃtima da especulación inmobiliaria levou a que en 1980 se organizase en Carril unha comisión cidadá para a defensa de Cortegada, que reclamaba que a Illa voltase ao dominio público. Logo de demorados procesos legais e dunha intensa mobilización social, en 1990 declarouse que o chan non era urbanizable, e aÃnda en 2002 a illa entrou a formar parte do Parque Nacional Illas Atlánticas, o que a protexe finalmente das ameazas de urbanización. De calquera xeito, o espazo continúa en mans privadas, e este mesmo ano o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, abrÃa de novo o debate sobre a necesidade de que pase definitivamente a mans públicas, ameazando mesmo con iniciar un proceso de expropiación.
A xoia de loureiro
Canda as posibilidades urbanÃsticas da illa, semella que a súa importancia natural é realmente destacada. Segundo explica Estanislao Fernández de la Cigoña, autor do libro "Illas de Galicia", "En realidade estamos a falar dun arquipélago, constituÃdo por Cortegada, Malveira Grande, Malveira Chica e a Illa dos Ratos", un conxunto que presenta grandes diferenzas. "Primeiro polo tamaño, xa que Cortegada é moito máis grande que todas as demais xuntas,e tamén a fauna é moi distinta". Deste xeito, segundo explica este investigador, "Cortegada mantén, sobre todo en avifauna, unhas especies tÃpicas de terra firme porque está moi unida ao continente e se pode acceder a ela practicamente andando cando baixa a marea. Ao tempo, as outras illas son moitos máis oceánicas". Deste xeito, tanto as Malveiras como a Illa dos Ratos teñen colonias destacadas de gaivota patiamarela, unha especie que non habita a illa maior.
Ao falar dos valores naturais de Cortegada hai que destacar de xeito fundamental o bosque de loureiro que ocupa 2´5 hectáreas e que conserva, segundo este investigador, exemplares que superan os vinte metros de altura. Este hábitat supón unha concentración de laurisilva única en todo o continente europeo e un resto dos bosques deste tipo habituais na Era Terciaria. Canda a isto existe unha grande diversidade de fungos no lugar, con máis de corenta e cinco especies únicas en Galicia, segundo recolle Plan de Ordenación de Recursos Naturais da illa. AÃnda en Malveira grande destaca a concentración de reboleira costeira, un tipo de bosque que se considera é dos mellor conservados no paÃs.
Valor histórico
Xa no século I o propio Plinio fai a primeira mención que se conserva da illa. A existencia dun barco afundido dese mesmo século nos fondos mariños da zona confirma a presenza romana nesta zona. Xa máis avanzado o tempo hai noticia dunha poboación estable na illa xa desde a Idade Media. De xeito semellante a outras illas nas nosas rÃas, tamén Cortegada acolleu, desde o século XVII un lazareto no que se illaba da poboación os enfermos de peste para evitar contaxios. Ademais de servir para os enfermos, este pequeno arquipélago tiña tamén unha curiosa función como última morada. "Logo da Guerra Civil, durante a Ditadura, os protestantes que morrÃan na zona de VilagarcÃa enterrábanos nas illas. Penso que era nas Malveiras, que estaban completamente desertas", explica Fernández de la Cigoña. A falta de cemiterios civÃs e de espazos axeitados para depositar estes corpos "non católicos" facÃa que, cando menos desde comezos do século XX, fose unha practica habitual nas zonas de costa facer os enterramentos deste tipo en illas desertas, segundo asegura este autor.
Patrimonios
Canda a este edificio, un santuario do século XIV e os restos dunha poboación na que convivÃan arredor de corenta persoas ata comezos do século XX son as principais construcións que existen no terreo. "AÃnda se conserva parte do lazareto, explica Fernández de la Cigoña, "quedan tamén as paredes dunha ermida que tiña moitÃsima devoción na zona. AÃnda se poden ver os restos da aldea primitiva xunta ao peirao, e queda un cruceiro á beira da capela. Ten aÃnda elementos que poderÃan ser obxectos de conservación patrimonial". O recente anuncio dun novo intento por incorporar este espazo ao dominio público amosa como se mantén o interese por mellorar esta protección. Un anuncio anterior neste sentido, no ano 2000, fora respondido desde a inmobiliaria fixando en doce millóns de euros (2.000 millóns de pesetas) o prezo polo que estarÃa disposto a ceder a illa ao dominio público. Está visto que aÃnda oiremos falar longamente de como Cortegada continúa a buscar o seu oco na RÃa de Arousa.