“Galicia e as Cantigas de Santa MarÃa” é o nome do CD coa versión das famosas cantigas afonsinas feita por Antoni Rosell para o Consello da Cultura Galega. Pero é moitas cousas máis, un traballo de cinco anos que xuntou a investigadores de diferentes universidades europeas, actores, músicos e intérpretes. Formaba parte dun ambicioso proxecto que, como explicou o presidente do Consello da Cultura Galega na presentación do traballo, Alfonso Zulueta de Haz, “non se puido realizar ao non conseguir os apoios necesarios”. Daquel proxecto fallido salvouse este traballo de reconstrución musical, arqueolóxica e lingüÃstica que achegan unha interpretación das Cantigas diferente das que acostumamos a escoitar. Os que queiran escoitala en directo, teñen unha cita o vindeiro xoves, 20 de abril, ás 20:15 horas no Pazo de XelmÃrez en Santiago.
Máis información no web do Consello da Cultura Galega e sobre as Cantigas de Santa MarÃa na nosa hemeroteca