Os libreiros auguran un panorama catastrófico ante o actual sistema de préstamo gratuíto de libros escolares

Sector ferido

18/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Segundo un informe da Federación de Libreiros de Galicia corenta e unha librarías pecharon as súas portas ou cambiaron de actividade nos últimos tres anos. Os libreiros apuntan ao sistema de préstamo de libros como causante directo desta situación e prevén unha perda de 18 millóns anuais en vendas para os seguintes anos. Os libreiros cren que o 60 por cento das librarías veranse abocadas ao peche de seguiren as circunstancias actuais. Nos últimos anos, segundo o informe, perdéronse máis de 150 empregos entre libreiros, editoriais e distribuidores e calculan en 1.500 os que poderían perderse de chegar á plena implantación do préstamo. O sector do libro, que aumentou as súas críticas ao sistema de préstamo gratuíto cando este se ampliou a toda a etapa de primaria, segue a insistir en que hai que cambiar o método e propoñen outras alternativas operacionais dentro dun sistema de gratuidade.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Federación de Libreiros de Galicia, La Voz de Galicia