¿Algunha vez buscaches Galicia nos diferentes buscadores? ¿E Galiza? Consultando os principais buscadores de webs, imaxes, vÃdeos e blogs atopamos que existen grandes diferenzas entre os resultados que figuran nos principais buscadores en función da palabra introducida. Google, yahoo, A9, MSN, Youtube (para vÃdeos) ou Technorati (para blogs) ofrecen unha curiosa realidade.
A proba é bastante sinxela. Buscar Galiza ou Galicia nos buscadores e comparar as consultas, ofrece resultados tan diferentes como dispares son as posturas e a filosofÃa que se agochan por detrás desa nomenclatura. Pero a consulta deixa moitas outras peculiaridades.
Empezando polo tellado
En primeiro lugar, os dez primeiros resultados da consulta “Galicia” nos buscadores, deixan tras de si unha listaxe ampla de sitios webs oficiais (Xunta, Turgalicia, Diario Oficial de Galicia, Xacobeo), de entidades (Caixa Galicia, GalinorÂ…) e de medios de comunicación (Vieiros, La Voz de Galicia). Resposta a unha realidade de corte institucionalizada e maioritariamente oficial que recala, principalmente, en entidades de carácter público. Son frecuentes tamén, nestes primeiros resultados de busca, a aparición de espazos de xestión turÃstica (Turgalicia, Agalicia.com..), como reclamo de quen estea a planificar unha viaxe por Galicia.
Pola contra, buscando por “Galiza” a listaxe resultante encerra, precisamente, case todo o contrario. Se o concepto Galicia debuxaba un regueiro oficial e institucionalizado, por “Galiza” faise referencia a asociacións, sociedades, colectivos “non oficiais” de corte nacionalista. Nesta liña atópanse os sitios web do Bloque Nacionalista Galego (tanto a web do partido e como a de Galiza Nova). Ademais, nesta segunda liña de corte asociativo e nacionalista, hai desde webs oficiais (as do BNG) ata webs persoais.
Outra das cousas curiosas é que os resultados de busca cotexados en diferentes buscadores, ofrece resultados semellantes, con pequenas variacións entre os buscadores, pero que non cambian este panorama inicialmente descrito. Por poñer un exemplo, na busca “Galicia” o buscador A9 incorpora o sitio web de “Estrella Galicia” ou a entrada do noso paÃs na “Wikipedia” que non aparece no resto dos buscadores. En liñas xerais, existe bastante coincidencia nos resultados ofrecidos polos diferentes buscadores (estamos falando de webs) empregados.
No primeiro andar
Superada esa primeira división oficial entre unha visión oficial e institucionalizada, e entre unha visión asociativa, cómpre pasar a unha análise un pouco máis detida dos resultados obtidos. Na listaxe de resultados de Galicia aparecen numerosos recursos turÃsticos, como porta de entrada a Galicia, para buscar aloxamentos no caso de que se trate de futuros visitantes. Unha central de reservas e a web de Turgalicia (entidade dependente da Dirección Xeral de Turismo) serven para xestionar a entrada de visitantes, que opten para informarse para esta vÃa.
Por Galiza, ademais dos sitios webs que respostan á tónica xa comentada, aprécianse tamén espazos relativos a música, sobre todo folk. AsÃ, aparecen webs con música folk, con información sobre grupos de Galicia, sobre estudos musicais, descargas de audio, e historia da música do paÃs.
Por outra banda, os sitios web que aparecen no resultado “Galicia” non sempre están en galego, mentres que os que figuran tras buscar “Galiza” si están no noso idioma.
As iconas
Moito máis gráfico é no caso das imaxes. Nos buscadores que ofrecen resultados por imaxes existen dúas cousas que prevalecen sobre o esto: son as bandeiras e os mapas. Mentres nas primeiras existen diferenzas no criterio de resposta ofrecido, nas segundas aparecen maiormente as mesmas imaxes (iso si, colgadas en sitios web diferentes). Dunha banda aparece a bandeira oficial de Galicia, co escudo no medio, mentres que da outra o escudo deixa paso á estrela vermella. Resulta destacado comprobar que non existe ningunha bandeira con estrela na busca de imaxes por “Galicia” nin viceversa.
As imaxes e os blogs
Cousa máis curiosa aparece nos vÃdeos. A totalidade dos vÃdeos que aparecen en Youtube.com, son vÃdeos de afeccionados que nos contan as súas afeccións (práctica do surf, baloncesto ou rutas en 4X4), asà como reportaxes que se emitiron pola televisión e que o usuario quere compartir. Igual que no caso dos sitios web, os comentarios que acompañan a cada vÃdeo están en español, mentres que os que aparecen na busca sobre “Galiza” están en galego. O vÃdeo da selección galega de fútbol ocupa tres dos dez primeiros resultados da busca en Youtube.com sobre Galiza, que recolle o ambiente de euforia vivido no encontro que se disputou en San Lázaro contra o combinado uruguaio.
O resultado da blogosfera buscando por Galicia deixa cousas tan dispares como os últimos post e que algún teñen moito e outros pouco que ver co noso paÃs. Asà sabemos de chistes de gallegos (pouco graciosos, por certo), as impresións de visitantes que estiveron por aquÃ, ou algunha anécdota como os comentarios sobre a petición do concello de O Grove para modificar o anuncio de Fanta, que confundÃa un boi cun centolo. Por Galiza, temos a discusión entre o topónimo oficial, un fotoblog (que por certo xa non está dispoñible), historias e lendas e a campaña que reclama un dominio propio “dedicado á nosa cultura e á nosa lingua”.