Ademais de palabras, un libro é tamén un soporte fÃsico. E ten unha imaxe que condiciona en moi boa medida a percepción que o lector pode ter da obra. AÃnda que a miúdo pasa inadvertido, o traballo de selección de fotografÃas para a capa, a aposta por unha tipografÃa, unhas marxes e un interliñado personalizan cada obra.
A última Tertulia Literaria do Consello da Cultura Galega abordou unha cuestión que habitualmente pasa desapercibida no campo do libro. Baixo o tÃtulo "As caras do libro" os deseñadores Manolo Janeiro, Uqui Permui e mais Xosé DÃaz analizaron a situación do deseño gráfico de obras literarias en Galicia.
O que vale unha imaxe
"A capa é o terceiro factor, logo das recomendacións e da sona do autor e da obra, que os lectores recoñecen que máis lles condiciona á hora de adquirir un libro", sinala VÃctor Freixanes, director de Galaxia. A competencia entre as obras durante o tempo que botan nos escaparates das librarÃas e mesmo no perÃodo mais longo en que se manteñen nos andeis destes establecementos dálle unha grande importancia ao deseño das capas e mais dos lombos dos libros. Sen embargo, o traballo dos deseñadores vai moito máis aló. Os deseñadores lamentan que boa parte do seu traballo estea limitado polas caracterÃsticas xa definidas das coleccións, e salientan que o seu labor implica tamén a elección de tipografÃa, o interliñado ou as marxes, un campo no que, segundo recoñece Uqui Permui, "o mellor deseño é o que non se nota".
Grandes nomes no deseño
A pesar desa capacidade de pasar desapercibido, o deseño de libros en Galicia conta con algúns dos nomes máis ilustres das nosas artes. Desde os traballos de Camilo DÃaz Baliño para "Céltiga", "Lar" ou "Nós" ao primoroso traballo de Castelao en canto ás fontes e todo o relacionado coa edición de "As cruces de pedra na Bretaña". No entanto, hai coincidencia no sector en confirmar a figura de LuÃs Seoane como o grande renovador do deseño galego, tambén neste campo. "Seoane foi o segundo grande fito do deseño galego despois da chegada da imprenta" recoñece Xosé DÃaz. "Ata despois da república o deseño en Galicia seguÃa a ser decimonónico" . Foi no exilio de Buenos Aires, cando Seoane coñece grandes deseñadores italianos e alemáns tamén fora dos seus paÃses e revoluciona o aspecto dos libros galegos achegándose ás vangardas e conseguindo "uns deseños moi da súa época que, no entanto, permanecen totalmente vixentes hoxe, o que proba a súa calidade", apunta DÃaz. Logo del, nomes coma Xoan Ledo, Rafael Alonso, Bofill ou os propios convidados a este encontro marcaron o aspecto dos libros que saÃan dos nosos prelos.
O sector
"Se a comparamos con España, a situación do deseño de libros en Galicia é a mesma", sinala Manolo Janeiro. "Hai moitos deseñadores, de feito eu penso que é o que máis temos despois que poetas en Galicia. E especialmente deseñadores gráficos. Mesmo á hora de non recoñecer o traballo dos deseñadores e excluÃr o seu nome nos créditos dos libros o Ãndice é semellante en Galicia e en Cataluña". Ao tempo, Uqui Permui salienta que "O deseño non está moi valorado, agora comeza a ter algunha consideración. O que si está conseguindo é estabilizarse. Por exemplo, en edición hai unha produción moi potente, pero logo existen publicacións especÃficas sobre arte ou de deseño". Esta profesional sinala tamén que "somos pouco visibles. Se tomas coma referencia os premios de deseño Daniel Gil, comprobas que non hai presenza galega". Nese sentido, Xosé DÃaz lamenta a pouca penetración da cultura do deseño na nosa sociedade. "Na profesión existe un dito de que se tes un bo cliente fas un bo deseño. E en Galicia abondan os clientes malos. Descoñécese moito o deseño. Eu mesmo cando vou presentar algúns traballos lévolles catálogos italianos para que vexan como se fan as cousas fóra" lembra. En canto a cifras, as análises sobre o sector do libro en Galicia de VÃctor Freixanes apuntan que existen entre vinte e cinco e trinta deseñadores ou talleres de deseño vencellados co libro, dos cales unha decena acadan unha certa proxección, unha cifras coas que, aproximadamente, coinciden os profesionais consultados.
As técnicas
A revolución que as novas tecnoloxÃas achegaron ao deseño gráfico é valorada de xeito moi diferente dentro do sector. Manuel Janeiro, por exemplo, lamenta que a dependencia do computador e as posibilidades que abre teñan provocado a aparición dunha multitude de intrusos no oficio con poucas ideas sobre as bases do mesmo. Ao tempo, Permui salienta que esta mudanza non é máis que un troco de ferramentas que non implica unha diminución na capacidade dos profesionais. No que coinciden todos é en sinalar o grande aforro de tempo que permitiron estas técnicas.
A asociación
Pode resultar curioso que, segundo lembra o director de Galaxia, o dos deseñadores é, co dos distribuidores, o único colectivo vencellado ao sector do libro que carece dunha asociación propia. A pesar que se desenvolveron diferentes intentos desde mediados dos anos oitenta por crear un organismo corporativo deste tipo, ata o momento non tiveron éxito e que boa parte deles pagan cotas en colectivos profesionais de Madrid ou de Barcelona. Os deseñadores recoñecen que a cuestión de definir quen é deseñador, pola ausencia ata hai pouco de formación especÃfica, foi un dos problemas de cara a ese movemento asociativo, ao que se debe sumar roces entre traballadores do ramo.
Novo momento
A mudanza social da figura do deseñador é o que fai ao sector ser máis optimista no que se refire ás súas posibilidades de asociarse. Na actualidade a propia Uqui Permui mobiliza con outro grupo de deseñadores un novo intento por consolidar un colectivo especÃfico. "A época en que deseñador era idolatrado como un enviado dos deuses, moderno e creativo acabou", recoñece Manuel Janeiro, "agora as marxes de beneficio a nivel económico son moi inferiores e tamén mudou o ego dos profesionais. O mercado e a sociedade deulle a todos paos abondo para que ninguén crea que o único deseñador que existe é el. Agora ademais hai unha longa nómina de deseñadores en diferentes sectores, e escolas", un estremo no que coinciden os seus compañeiros. Na propia Tertulia Literaria DÃaz, Janeiro e Freixanes amosaron o seu interese en apoiar a constitución dun colectivo sectorial. Para rematar, e por se alguén lle quedaba a dúbida, os deseñadores aseguran que fan por coñecer o texto antes de facer a imaxe do libro.