A Cidade da Cultura deberá autofinanciarse. Este é o obxectivo que apuntou a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, nunha entrevista realizada na Televisión de Galicia. Por iso, o seu departamento buscará, xunto co de Economía, unha fórmula de xestión que garanta o seu autoabastecemento. As únicas cifras sobre o custe do proxecto unha vez que estea en marcha, achegounas o informe elaborado polo Concello de Santiago, que estima uns 48 millóns anuais. Ademais, Bugallo confirmou a reorientación do Xacobeo para dedicarse a investimentos, rehabilitación e recuperación do Camiño de Santiago.
Máis información sobre o custe calculado polo Concello de Santiago en La Voz de Galicia; sobre a reorientación do Xacobeo en El Correo Gallego e sobre a autoxestión para a Cidade da Cultura en El Progreso