A terceira novela de Xurxo Sierra, Os mércores de Fra, conseguiu este sábado a unanimidade do xurado da sétima edición do certame convocado polo Concello de Ourense. A obra será proximamente publicada pola editorial Sotelo Blanco e o narrador leva así os seis mil euros do premio por esta narración na que a obsesión pola morte transforma a vida do protagonista, segundo o autor. En Paradela fallouse tamén o Premio Manuel Oreste de poesía e narrativa. Na categoría de narrativa o forcaricense Francisco Rozados gañou o recoñecemento do xurado pola obra Raiolas no faiado. Este é o segundo premio de narrativa que Rozados recolle neste mes despois de obter o segundo premio na VIII edición do Certame de Narrativa Ánxel Fole convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo.
Máis información en Faro de Vigo
e na BVG sobre Francisco Rozados