A semana pasada Luis Bará, o director xeral de Creación e Difusión Cultural anunciou no Parlamento a apertura do Ballet do IGAEM á danza contemporánea asà como unha serie de medidas encamiñadas a dotala do mesmo nivel de axudas e consideración que o resto de disciplinas artÃsticas. A medida foi ben valorada polo sector que recibe con bos ollos unha convocatoria de subvencións que chega como auga de maio. Pero advirten que non todo está feito.
O sector da danza profesional de Galicia está contento. A ConsellarÃa de Cultura acaba de potenciar as polÃticas de fomento da danza co incremento dos orzamentos destinados a esta disciplina. Faino con axudas á produción de espectáculos (100.000 euros), a distribución (para cubrir gastos de distribución e manutención dentro e fóra de Galicia e un incremento do ciclo “Danza na Rede” da Rede galega de Teatros e Auditorios (un aumento do 34%). A bailarina Bárbara Monteagudo explica que “tanto as axudas a produción como a distribución de espectáculos son tan básicas que me parece sorprendente que tardaran tanto tempo en chegar”. Pola súa banda, Jaime Pablo de “Nova galega de danza” cre que “é un avance moi importante porque ata o momento a única axuda que tiñamos era do Ministerio, e resulta custoso e complicado levar adiante un espectáculo”. Nova Galega é un exemplo dese novo panorama que se abre en Galicia, con apenas un ano de traxectoria ten no seu haber premios e candidaturas tan importantes como os Max ou os que convoca a academia da música. Coa súa fusión de danza tradicional e contemporánea enche espectáculos e imprime unha nova dimensión ao ballet galego.
AlegrÃa contida
As primeiras medidas foron ben recibidas, pero consideran que quedan moitos flecos polo camiño. Begoña Acuña, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Danza matiza que “a situación actual é un impás de espera porque non sabemos que vai pasar co ballet do IGAEM. Hai que valorar que se está apostando moi forte pola danza pero non sei se son as directrices idóneas”. Ata o momento, Luis Bará anunciou no Parlamento a creación do Ballet do IGAEM (o Rey de Viana era propiedade da viúva do creador, Victoria Canedo e polo tanto non poderÃa continuar co mesmo nome) e, segundo unha nota de prensa da ConsellarÃa “a súa renovación pasa por abrir a súa produción á danza contemporánea, que debe ser compatible coa atención á danza tradicional”. Neste punto é cando Begoña Acuña chama a atención de que se produce unha fractura entre a formación que se imparte en Galicia e as saÃdas profesionais ás que deberÃa atender o goberno a través do IGAEM. “O 90% do alumnado de danza en Galicia é de danza clásica, explica Begoña, existen moi poucas escolas de danza contemporánea e as que existen non están rexistradas”. Segundo explica Acuña o problema persistirÃa porque mentres se forma á danza clásica os futuros bailarÃns e docentes non terÃan un lugar no que poder traballar, un feito que levarÃa á emigración dos nosos bailarÃns. “Desde a Asociación levamos varios anos reivindicando a creación dunha compañÃa neoclásica que dea cabida a todos os alumnos que se están a formar nos centros públicos e privados que hai en Galicia. Ata o momento a xustificación que nos ofrecÃan era que a práctica totalidade do orzamento destinado á danza Ãa para o Rey de Viana, disolto este deberán apuntar cal é a liña do novo ballet ¿clásica? ¿contemporánea? ¿tradicional?”.
Ademais, esta asociación de profesionais pide que as novas decisións se establezan desde o coñecemento do funcionamento da danza no paÃs e non por decisións alleas ás necesidades do propio sector. Vigo e A Coruña acollen a práctica totalidade de centros, tanto públicos como privados que existe en Galicia pero, explica Begoña, “por decisión polÃtica decidiuse seleccionar o único centro público de grado medio que existe en Galicia en Lugo, unha cidade con pouca tradición na danza. Mentres que na Coruña existe un centro público propiedade da Deputación en Vigo non hai nada”. A asociación xa solicitou a a creación na cidade olÃvica dun centro de grado medio que albergue, no futuro, un de grado superior. “Un centro superior coa oferta actual serÃa impensable, primeiro hai que ir cubrindo etapas e coa creación dun de grado medio poderÃamos sentar as bases para conseguir o outro no futuro”, comenta Begoña.
Os outros problemas
A ConsellarÃa tamén anunciou a elaboración dun informe para coñecer a valoración social da danza. Para a bailarina Bárbara Monteagudo “un dos problemas é que non se recoñece socialmente o noso traballo, posto que aÃnda hai xente que non o valora”. Begoña vai un pouco máis alá e recoñece que sà existe unha boa consideración social cara esta discipilnas pero que é selectiva “cara determinados ballets que, sen ser bos tecnica ou artÃsticamente, explica a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Danza, chegan aquà coa etiqueta de rusos e enchen os teatros, mentres que compañÃas con maior nivel e que consegurÃan captar máis adeptos son complicadas, por non dicir imposibles, de traer”.
Nun aspecto preocupante no que coinciden os profesionais é na falta de adecuación da infraestrutura actual aos espectáculos de danza. “Teño visto espectáculos que houbo que modificar para poder amoldalos a un espazo, situacións que noutras disciplinas o artista se nega a actuar e que na danza, pola escaseza de contratos, tes que aceptar” explica Bárbara. Pablo Jaime engade a esta visión que “hai espazos nos que é imposible bailar porque non están preparados e, cando fas algún comentario, desde o propio local no que actúas coméntanche que outras compañÃas traen o seu propio tapiz para actuar”.
En todo caso, malia os problemas que arrastra a situación da danza en Galicia, as medidas adoptadas son ben acollidas polos profesionais. Resúmeo Bárbara cando asegura “non se pode facer todo en catro meses, hai que ir pouco a pouco, pero o importante é que o máis básico parece estar cuberto”.