O sistema nervioso, incluÃdo o cerebro, é un campo de investigación fascinante. Sede do pensamento, das lembranzas e das emocións, é tamén un modelo para desenvolver robots e computadoras intelixentes. Ao tempo trátase parte do ser humano que se ve afectada por algunhas das máis terribles enfermidades. A perda das lembranzas ou do control sobre o propio corpo teñen a súa clave nalgún dos seus recantos. Un nutrido grupo de cientÃficos no noso paÃs dedican os seus esforzos a coñecer polo miúdo este mundo, e conseguen cos seus achados un importante éxito internacional.
O encéfalo está a se revelar coma unha das áreas onde a ciencia encontra máis incógnitas. "A comprensión do funcionamento do encéfalo ou do sistema nervioso é unha das grandes fronteiras do coñecemento do ser humano e dos animais", explÃcanos Xurxo Mariño, divulgador cientÃfico e investigador neste ámbito. "A medida que outras pólas do saber van alcanzando unha velocidade de cruceiro no seu desenvolvemento, a Neurociencia continúa a medrar e a despuntar". O estudo deste campo pódese abordar desde diferentes puntos de vista, segundo nos explica este investigador. "Unha forma é o estudo da estrutura do encéfalo, que serÃa como analizar a súa arquitectura. Logo hai o estudo das funcións que desenvolve, que serÃa o que aborda a neurofisioloxÃa. Despois está a investigación sobre as capacidades cognitivas superiores, o comportamento, que é do que se encarga a psicoloxÃa. Tamén está a reparación dos problemas do cerebro, que serÃa o traballo da neuroloxÃa. E despois aÃnda outro campo relacionado co cerebro é a simulación con ordenador, sexa para aplicalo en computación ou en robótica como para axudar na investigación doutros campos".
O tacto dos gatos
En Galicia dispomos de destacados especialistas en todos estes campos. Análises sobre enfermidades coma o párkinson, a importancia de factores xenéticos na aparición de problemas mentais, a transmisión de sinais eléctricas entre neuronas ou os circuÃtos cerebrais son só algúns dos campos que investigan os neurocientÃficos galegos. Partindo da FisioloxÃa podemos encontrar as análises que aborda o catedrático Antonio Canedo desde a Universidade de Santiago. "Actualmente estamos a traballar na coordinación sensomotora en gatos. Nunha primeira fase estamos tentando ver como se procesan os estÃmulos somatosensoriais, en particular os táctiles", apunta Canedo. "Resumindo, estamos a ver os mecanismos que fan que cando a un lle tocan nun punto da pel saiba que é exactamente aà onde lle tocan". AÃnda que este traballo non ten aplicacións prácticas directas, Canedo destaca que "descubertas neste campo téñense aplicado á computación e mais á robótica. Nós agora queremos coñecer o mecanismo, logo xa poderemos buscar aplicacións".
Unhas copas na cabeza
Na PsicoloxÃa encóntranse as análises que fai o grupo de Fernando Cadaveira. "Estamos por unha banda a analizar os procesos de atención, e pola outra analizamos consecuencias do consumo intenso de alcol na xente nova". Esta análise vencella a FisioloxÃa cos usos sociais. "O primeiro que facemos é ver a situación actual do patrón de consumo", explica este investigador, e para iso realizan unha serie de enquisas. "A partir destes datos analizamos a actividade eléctrica cerebral e as funcións cognitivas nun número abondo de persoas para ver se nestes campos hai diferenzas entre consumidores de alcol e xente que non bebe nada". Polo momento, Cadaveira apunta que é moi cedo para adiantar resultados sobre o dano que pode provocar o alcol en procesos cognitivos concretos. "Non queremos xerar alarmas, se ocorre algo, informaremos, se non ocorre nada estaremos aliviados", sinala.
Cerebros de mentira
Desde a facultade de FÃsica, Eduardo Sánchez participa na neuroloxÃa realizando nada menos que falsos cerebros. "O que facemos son modelos matemáticos das neuronas e das sinapses, e logo simulamos neles os procesos", explica este investigador. O seu traballo neste campo comezou hai case dez anos. "Empecei en colaboración con Antonio Canedo e a xente de fisioloxÃa. Eles estaban a facer experimentos e comenteilles a posibilidade de facer un modelo", explica. "O mundo dos modelos ten dúas fases. Primeiro constrúese o modelo a partir de datos reais tomados en experimentos, e logo vén a parte de facer previsións con el. Neste caso pasábanme os rexistros que tiñan sobre o sistema somatosensorial e discutÃamos sobre o xeito en que podÃan estar conectadas as neuronas". Os modelos de Sánchez serviron para facer experimentos como se detectan bordes co tacto. "Agora, en colaboración con Juan Navarro, de Medicina, estamos a ver como o núcleo representa a información do tacto. Vemos que ten capacidade para elaborar unha imaxe moi sofisticada, mediante o que chamamos codificación progresiva. Para explicarnos, é coma nun navegador, que primeiro podes ver unha versión de baixa calidade dunha imaxe e logo vala vendo mellor". Deste xeito, estes modelos permiten probar de xeito virtual determinados mecanismos antes de comezar a experimentar con animais ou persoas. Ao tempo, "pódennos achegar datos sobre como se codifica a información de xeito eficiente, e isto é interesante para a xente que se dedica á enxeñerÃa a computación ou á robótica".
A importancia galega
En Galicia, os estudos nesta área, nos seus diversos enfoques, son un campo destacado de investigación. "Estamos bastante ben", apunta Xurxo Mariño. "Practicamente todos os grupos están formados por xente que ten ligazóns ou proxecto con grupos estranxeiros, e iso axuda a entrar na investigación mundial e ter estancias fóra , o que permite ver como se fan as cousas polo mundo. Quen máis quen menos, ten proxección fóra e publica en revistas internacionais", sinala. A nivel estatal, Galicia é un dos cinco núcleos máis destacados neste campo, canda a Valencia, AndalucÃa, Cataluña e o Instituto Ramón y Cajal en Madrid. Un veterano deste campo como é Antonio Canedo destaca a importancia que teñen esas estancias no estranxeiro. "Hai xente que fixo a tese aquÃ, foi ao estranxeiro e voltou, e agora continúa investigando en Galicia", sinala. "Este retorno permitiu que medrase moito a disciplina e que, de non haber laboratorios, que os haxa punteiros nas tres universidades". Máis especificamente, na área da PsicobioloxÃa "estamos en primeira liña, neste departamento hai tres grupos nesta área e estamos a ver que algún outro se vai incorporar en poucos anos", segundo sinala Fernando Cadaveira, que é coordinador dunha rede estatal dedicada á Neurociencia cognitiva.
A aposta pola coordinación
Desde a súa experiencia, Cadaveira insiste especialmente na necesidade de mellorar a coordinación entre os diferentes grupos que, desde distintos enfoques, traballan sobre a Neurociencia en Galicia. "Cómpre aproveitar sinerxÃas. HaberÃa que buscar unha maior ligazón coa investigación preaplicada, participar en máis proxectos transnacionais e quizais conseguir un maior contacto coa problemática clÃnica e isto non é sempre fácil". Dentro desta busca de maiores sinerxÃas no sector enmárcase a vindeira creación dun Posgrao en Neurociencias común para as tres universidades. Dentro da redefinición que o proceso de Boloña esixe para o ensino universitario, os investigadores desta área acordaron unificar os seus esforzos. "Temos xa doutoramentos importantes neste ámbito, entón é un paso natural que agora nos convirtamos nun posgrao. Somos dos primeiros que xa aprobaron as universidades e estamos pendentes de que o aprobe a Xunta". Xa na actualidade está en marcha o Programa Interuniversitario de Neurociencia coa participación destas tres institucións. A celebración da Semana do Cerebro entre o trece e o dezanove de marzo serviu para dar a coñecer en boa medida o traballo destes grupos. É de agardar que Galicia acade nos vindeiros anos destacados avances en Neurociencia e que os investigadores poidan continuar a ollar para o noso interior sen necesidade de emigrar.