O cine na Coruña fala portugués. Ó ciclo que organiza o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) con ocasión do seu décimo aniversario súmase o mini-ciclo do Fórum da cidade, que proxectará en sucesivos fins de semanas pelÃculas do paÃs veciño. Por outra banda o Cineclube Padre Feijoo de Ourense proxecta, dentro do seu ciclo sobre os dereitos humanos, a pelÃcula "O cÃrculo perfecto" do bosnio Ademir Kenovic.
Cine portugués
A sede do CGAI na Coruña será o escenario hoxe da proxección da pelÃcula "A carta" de Manoel de Oliveira. Este filme inicia o ciclo sobre cine portugués producido nos últimos tres anos que achegará á cidade obras de João César Monteiro, Paulo Branco, João Botelho, Paulo Rocha ou Pedro Costa entre outros. A cilco desenvolverase ata xuño, e despois de "A Carta", virán "Os mutantes" de Teresa Villaverde os dÃas 6 e 7; "Sapatos Pretos" de João Canijo, o 17; "O rio do Ouro", de Paulo Rocha, o 24 e "As bodas de Deus" de João César Monteiro, o 27 e o 28. Onda este ciclo, o Fórum Metropolitano da cidade inicia tamén un ciclo de cine dedicado ó paÃs veciño, que achegará cada fin de semana unha pelÃcula. Os filmes previstos nun comezo son "Jaime" de Pedro Antonio Vasconcelos e "Viaxe ó comezo do mundo", última pelÃcula de Marcelo Mastroiani.
Cine e dereitos humanos
Continúa en Ourense o ciclo "Os dereitos humanos" que organiza AmnistÃa Internacional e o Cineclube Padre Feijoo. Esta noite proxectarase a pelÃcula "O cÃrculo perfecto", do bosnio Ademir Kenovic. O filme, que se proxectará na Casa da Cultura ourensá ás oito e media da tarde e ás once da noite, narra a historia dun poeta bosnio que sobrevie en Saraievo durante a guerra con dous rapaces. Tamén dentro do ciclo, que xa se iniciou o mes pasado, proxectaranse os xoves das vindeiras semanas "O proceso" e "Z".