Quixo a casualidade que o historiador Alfredo Vigo Trasancos, buscando descricións de lugares e de cidades en fontes escritas deu cun exemplar, como di el, “cun tÃtulo tremendo, “Galicia reino de Cristo Sacramentado”, no que se facÃa unha relación dos sete milagres que identificaban a Galicia”. Son as sete marabillas definidas por un xesuÃta que culmina unha tradición que comeza desde o século XVI, cando o licenciado Molina comeza unha relación das cousas notables de Galicia.
¿Por que buscamos marabillas?
No século XVI o antigo Reino de Galicia vivÃa un menosprezo xeral por parte do resto do españois que motivou a que algúns cÃrculos das clases altas galegas, buscasen unha forma de relanzar e exaltar as nosas virtudes. Foi asà como xurdiu un interese por parte de determinados colectivos, principalmente relixiosos, por facer unha descrición dos valores patrios. Non era novo, porque como di Alfredo “non é o unha casualidade que as marabillas clásicas do mundo foran gregas ou helenÃsticas. Os gregos fixeran coa listaxe a súa propaganda, a súa forma de reivindicar o seu patrimonio e os galegos fixeron o mesmo, aÃnda que milenio e medio despois”. Galicia tamén se estaba reafirmando “como Reino, como entidade cultural, como unha personalidade polÃtica que tamén o era, e empeza a reivindicar o que somos e o que querÃamos ser” apunta Alfredo.
A simboloxÃa do número sete
O primeiro documento que este historiador atopou foi un texto do Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina que publicou en 1550 a súa famosa “Descripción del Reino de Galizia y las cosas notables del”. “Naquel momento, explica Alfredo, facÃase unha especie de ranking onde o numero de sete non é exacto, ata que Pascanio SeguÃn fixa ese número no século XVIII”. Iso si, todas as descricións eran puramente literarias e non acompañaban ningunha imaxe. Cómpre lembrar, que o historiador asegura que a primeira imaxe impresa de Santiago é do segundo tercio do século XIX, “antes podÃa coñecerse Santiago se alguén que viña aquà facÃa un debuxo e logo llelo ensinaba aos seus amigos, pero nada máis”. Por iso, habÃa que buscar unha forma para dar a coñecer o patrimonio.
A listaxe de marabillas galegas que Pascanio relata no seu libro son a Torre de Hércules, a ponte romana de Ourense, a igrexa rupestre de San Pedro de Rocas, o Montefurado dos Romanos, o porto de Ferrol, o santuario da Nosa Señora das Ermidas en Ourense e, para rematar, a “Apostólica Igrexa de Santiago”.
Conta Alfredo que “o que máis me sorprendeu e que a case todos lles gusta remarcar aquelas obras que ademais de antigas, están traballadas contra a natureza, que todas son un prodixio da natureza. Por exemplo, Montefurado é unha roca escavada artificialmente para desviar o curso do Sil e é unha obra que lles impresiona moito porque supuña considerar que o home é o amo da natureza porque a pode modificar”. Relacionado con esta marabilla e, aÃnda que non está na relación feita por SeguÃn, entre os escritos que contan as cousas notables están os Codos de Larouco, que son as obras de desmonte que houbo que facer para crear unha vÃa militar romana. “Por outra banda, continúa Alfredo, a propia igrexa rupestre de San Pedro de Rocas non deixa de ser unha igrexa pequena pero como está construÃda nunha pedra impresiona moito”. Outras cousas que se destacan son pola súa devoción, aparece tamén o Cristo de Ourense porque se consideraba que fora esculpido por Nicodemo e polo tanto era un retrato auténtico do propio Xesucristo, que era moi milagroso e tiñan moita devoción”. Cómpre lembrar que os libros nos que se atopan estas descricións son máis relixiosos que civÃs e Alfredo apunta que “están escritos por curas, agostiños, benedictinos, xesuÃtas...”.
Entre as marabillas do mundo e as de Galicia
Alfredo pensa que existe unha relación clara e evidente entre as sete marabillas do mundo e as do reino de Galicia. “Non casa á perfección, pero creo que non cabe dúbida que existe unha relación entre as sete marabillas do mundo e as galegas: a torre de hércules asóciase co faro de AlexandrÃa, o Zeus de Olimpia co Cristo de Ourense e aÃnda que non as recolle SeguÃn si o fan outros anteriores, as murallas de Babilonia coas Murallas de Lugo”.
Polo demais, Alfredo explica o curioso que resulta para este “Reino de Galicia” o simbolismo do numero sete. “Para un reino que tiña sete provincias e para unha cidade de Santiago que tiña sete portas, para un vello testamento que ten sete libros e tendo en conta que Deus creou o mundo en sete dÃas. Parece querer dicir que se este era o reino máis sagrado do mundo”.
As sete marabillas
“As sete marabillas do Antigo Reino de Galicia” é unha relación dos sete monumentos máis emblemáticos de Galicia. Unha listaxe que se crea como reafirmación patriótica ante o menosprezo xeral que sofre Galicia por parte do resto dos españois.
A Torre de Hércules é a primeira marabilla que establece Pascanio SeguÃn no seu libro “Galicia reino de Cristo Sacramentado”. O historiador que recuperou esta enumeración das cousas notables de Galicia, Alfredo Vigo Trasancos, considera que a Torre de Hércules recorda o Faro de AlexandrÃa ou a Torre bÃblica de Babilonia.
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia
As sete marabillas
San Pedro de Rocas-Esgos
A terceira marabilla é a igrexa rupestre de San Pedro de Rocas, escavada no interior dunha roca.
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia
As sete marabillas
As Ermidas
A sétima marabilla é o Santuario das Ermidas, “aquel recóndito Santuario, cuxos suntuosos e magnÃficos edificios... a pesar da empinada violencia do costado dun risco, poboado de inmensos peñascos, atoparon espaciosos cimentos no mesmo sito no que se apareceu a imaxe da Nosa Señora das Ermidas”.
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia
As sete marabillas
Catedral de Santiago-Portico de la Gloria
A sétima marabilla é a Catedral de Santiago.
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia
As sete marabillas
Ponte Romana - Ourense
A segunda marabilla de Pascanio SeguÃn é a ponte romana de Ourense da que di “parece que os galegos considerando que o mundo non tiña de dÃa máis que un ollo no ceo, que é o sol, empeñáronse en que tivese dous: formando debaixo da cella deste arco outro prodixioso ollo na terra”
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia
As sete marabillas
Arsenal de Ferrol
A quinta marabilla é o Arsenal de Ferrol. Cómpre aclarar que non é a mesma obra que describe Pascanio SeguÃn na súa obra. No mesmo momento no que SeguÃn escribe o seu texto (en México en 1750) Fernando VI emprende unha reforma que mutiplica por cinco o proxecto mandado construÃr por Felipe V para defender e equipar o Arsenal de A Graña.
FONTE: Imaxes cedidas por Turgalicia