“Catarsis” é o primeiro filme da historia do cine español que se distribúe antes na rede que nas salas comerciais. Segundo algúns, este é o futuro polo que vai pasar a explotación comercial dos produtos audiovisuais. En todo caso, Galicia está aÃnda moi lonxe deste camiño pero iniciativas como “Curtas na rede”, son indicios da relación entre o audiovisual e a Internet.
As posibilidades de distribución a través de Internet son infinitas (deixando a un lado os problemas de conectividade que aÃnda se producen en boa parte do territorio galego) e contan con outra vantaxe, que é que os custos son relativamente máis baratos que os convencionais. Ademais, dado o carácter global da rede en principio contarÃa cuns beneficios moito maiores e serÃa unha boa forma de facer fronte ás poderosas campañas de promoción doutras cinematografÃas como a americana. Sen embargo, en Galicia existe un tÃmido achegamento á rede por parte da industria audiovisual e na maior parte dos casos redúcese exclusivamente a promoción. Desde produtoras como Continental ou Filmanova apuntan que se están a desenvolver proxectos neste camiño, pero que son iniciativas puntuais e limitadas a determinados traballos.
Depende, sempre depende
O caso de “Trece badaladas” (Xavier Villaverde, 2002) é o exemplo paradigmático de promoción audiovisual a través da rede. Foi unha web na que se subiron clips de vÃdeo (teasers), extras de audio e mesmo produtos propios para a rede como salvapantallas, fondo de escritorio e mesmo un diario de rodaxe. A información que aparece no web complétase coas fichas técnicas e artÃsticas do filme dirixido por Xavier Villaverde. O gabinete de prensa de Continental destaca que foi “demasiado traballo” e non volveron a repetir a mesma experiencia, que tamén contou cun concurso, cun foro e cun chat co director da produción.
Desde Continental destacan que non todas as longametraxes que producen acaban tendo un sitio corporativo. “Por norma xeral, aclaran desde o gabinete de prensa, facemos webs con aquelas producións nas que nós desenvolvemos a produción executiva”. Iso si, é unha empresa galega a que se encarga de deseñar o sitio web corporativo.
Filmanova tamén se subiu a rede con: “O lapis do carpinteiro”, “Mar Adentro”, “Nos sos vos, soy yo” ou “Cama Adentro”. Tanto no caso de Filmanova como de Continental teñen feito un seguimento das visitas a estes sitios e, aÃnda que non ofrecen datos concretos, destacan que son elevadas e que os maiores rexistros se producen nas datas próximas á estrea nas salas comerciais.
Continental e Filmanova contan, ademais, cos seus sitios corporativos, nos que aparece información (de xeito máis sintético) sobre outras producións que non acaban tendo desenvolvemento web. Neste empeño non están sós, xa que o Consorcio Audiovisual de Galicia, que veu claro que entraba dentro das súas funcións e concede axudas para a promoción de producións audiovisuais a través de internet. Para este fin, o Consorcio destinou 60.000 euros no 2005 que cobren ata a metade do orzamento total de cada estratexia e que vai desde o deseño e desenvolvemento do sitio ata gastos de publicidade a través da rede (banners, agasallos...). Malia que a convocatoria deste ano aÃnda non saÃu publicada, desde o Consorcio confirman que se manterá.
Outras estratexias
Pero a rede non é a única forma de promoción, Continental está a estudar a fórmula de integrar dispositivos móbiles na promoción das súas producións. Desde o gabinete de prensa apuntan que unha das pelÃculas que coproducen e que ten prevista a súa estrea para este ano “A crise carnÃvora”, empregará vÃas de promoción a través de móbiles. “Tamén é certo, explican desde Continental, que é un produto que se presta a este tipo de estratexia xa que se trata dunha longametraxe de animación (en flash) creada para a gran pantalla, que se inspira nun cómic coñecido, dirixido a un público novo e que se pode facer a través de pequenos gags, moi apropiados para esta estratexia”
Curtas na rede
A semana pasada a Dirección Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude coa colaboración doutras entidades como o Consorcio Audiovisual de Galicia veñen de convocar un certame de curtametraxes que ten na rede un dos seus piares de exhibición. Nos obxectivos desta convocatoria destaca “que pretende servir de escaparate do audiovisual galego e promover o uso da rede como espazo para a creación e para a comunicación”. Tanto os produtos gañadores como os seleccionados subiranse á rede, ao sitio web do certame (http://www.curtasnarede.es), e unha escolma deles exhibirase no programa da TVG, “Onda Curta”.
O traballo silente
Non son os únicos exemplos, o audiovisual galego ten na rede unha boa representación do seu traballo. Empezando polo sitio web do CGAI, no que se pode observar desde o catálogo de recursos cos que contan ata unha listaxe de empresas e recursos do audiovisual. Ademais, os sitios das asociación de empresarios e profesionais do sector (desde AGAPI, ata a Academia Galega do Audiovisual, pasando por Aega) que colgan na rede catálogos que serven de mostra dos traballos dos seus socios. Non son os únicos, o Consello da Cultura Galega conta desde 2001, con AVG, o soportal de audiovisual de Culturagalega.org, que conta cun catálogo con 452 producións, 1539 profesionais e 254 entidades, sendo algunhas delas mencións en créditos e outras fichas completas.
Son pequenas iniciativas de baixo custe, que serven para colgar a disposición do usuario máis información sobre as longametraxe, curtametraxes e todo tipo de traballos audiovisuais. Unha estratexia barata para conter as campañas promocionais americanas. En canto a distribución, as produtoras consultadas destacan que aÃnda é cedo, que todo se andará, pero o que queda claro é que internet marca o camiño polo que se discorrerá boa parte do futuro do sector.