Corenta e tres anos non é unha idade da que poidan presumir moitas asociacións culturais. Desde a defensa da cultura e a lingua galega no franquismo ata o actual momento de institucionalización cultural e de globalización, a Agrupación Cultural O Facho mantén un traballo continuo. Coa elección dunha nova directiva, o colectivo iniciou un proceso de revitalización que lle agoira continuidade á súa extensa carreira, na que pasou de facer cultura de resistencia a se constituÃr nunha auténtica mostra de resistencia da cultura.
En 1963 o movemento asociativo en Galicia era escaso. Que ademais algunha destas asociacións apostase por defender a nosa lingua era aÃnda máis estraño. No entanto, aos poucos foron xurdindo pequenos colectivos culturais que agrupaban os defensores do noso idioma e que permitiron un primeiro desenvolvemento polÃtico organizado contra a ditadura. Entre estas destacou, xa nun primeiro momento, O Facho, na Coruña. Segundo nos explica Henrique Harguindey, un dos fundadores do colectivo, "eramos un grupo de tres estudantes, Andrés Salgueiro, Xosé LuÃs Carneiro e mais eu. Pensamos que serÃa interesante agrupar os esforzos de xente que tiña unha preocupación pola lingua e pola cultura e fixemos un chamamento a través de diferentes xornais e radio. Ao final contactaron con nós unhas vinte persoas coas botamos a andar a asociación". A relativamente ampla resposta que conseguiron explÃcase en boa medida pola existencia dun certo fermento social arredor destas cuestións, que deu no nacemento de iniciativas semellantes como foi a Asociación Cultural O Galo en Compostela ou a Asociación Cultural de Vigo. AÃnda sen ser a única que sobrevive desde entón, O Facho ten a peculiaridade de estar agora mesmo inmersa nun momento de renovación que lle agoira aÃnda máis anos de existencia.
Fermento e administración
"Por todo o paÃs foron xurdindo asociacións legalizadas que tiñan a súa dificultade burocrática" explica Harquindey, que sinala que non eran esas as únicas dificultades ás que se enfrontaban os colectivos. "As nosas actividades non gozaban do beneplácito da Administración franquista. HabÃa que pasar un control gobernativo, ter un representante do Goberno Civil nas asembleas anuais e ademais estábamos sometidos a presións indirectas. Determinadas cousas era difÃcil expolas publicamente e tiñan que ser anunciadas con palabras máis suaves, que fosen captadas polo público pero que non desen idea de que estábamos a pór de relevo o carácter nacional do paÃs", sinala este fundador. "O entusiasmo da xente superaba en grande medida as dificultades administrativas, habÃa moitas persoas traballando en institutos e facilitábannos locais onde dar os cursos ou montar un ciclo de conferencias", lembra. Outros dos fundadores do colectivo, e actual presidente do mesmo, Xosé LuÃs RodrÃguez Pardo, sinala tamén o intenso seguimento ao que estaban sometidas as actividades desta asociación. "HabÃa que pedir permisos para as conferencias, pasar censuras previas, aturar a presenza do poder público en todos os actos..."
Actividades primarias
Naquel primeiro momento, Harguindey apunta como actividades destacadas da agrupación "os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se trataba economÃa e sociedade, os concursos literarios, o grupo de teatro, que foi moi importante..." Durante unha boa temporada foi o coñecido dramaturgo Manuel Lourenzo o responsable deste colectivo, un dos pioneiros da escena afeccionada no noso idioma. Dentro das propostas máis destacadas daquela época, os membros consultados salientan a importancia dos cursos de lingua. "Estes cursos tiveron unha importancia moi grande na Coruña", lembra Harguindey, "Daquela o galego non se escribÃa apenas e estaba fóra do sistema escolar, nin sequera habÃa aÃnda sección de galego na Facultade de FiloloxÃa de Compostela". Pola súa banda, RodrÃguez Pardo lembra que "unha das figuras fundamentais dos cursos foi Don Leandro Carré Alvarellos, que dirixiu esta actividade. Para moita xente que participaba neles máis do que aprender galego, ir aos cursos era unha mostra de identificación cos fins do colectivo". Dentro das iniciativas que xurdiron desde O Facho, encontrábanse algunhas das apostas máis vangardistas da cultura do momento. Deste xeito, non nos debe estrañar que fose este colectivo o responsable de organizar o primeiro certame de banda deseñada da historia de Galicia. Tamén O Facho realizou en 1975 unha mostra desta arte que recollÃa os traballos que estaba a realizar daquela o coñecido como "Grupo do Castro". Tamén foron dos primeiros en establecer algo que hoxe nos parece tan normal coma os premios para a literatura infantil e xuvenil. Foi un texto xa clásico, "A galiña azul" de Carlos Casares, quen se fixo co primeiro destes galardóns en 1968. Excursións para coñecer a cultura do paÃs, a celebración do DÃa das Letras ou a organización dun programa de radio en galego xa en 1973 foron outras das grandes propostas da asociación naquel primeiro momento.
Recuperación
Hai aproximadamente un ano, o colectivo vivÃa un proceso de renovación que quere tirar O Facho do relativo esmorecemento no que se encontraba. "Hai algo máis dun ano que mudou a directiva. Eu entrei de presidente porque habÃa un grupo de socios fundadores que entendÃa que o colectivo fora desaparecendo da vida cultural da cidade da Coruña e de Galiza e fora quedando en cÃrculos un pouco intelectualizados", sinala RodrÃguez Pardo. "O grupo naceu cos sinais de identidade da resistencia contra o franquismo e da defensa da plena valÃa da lingua e da cultura galega. HabÃa unha clarÃsima vocación polÃtica do que se facÃa precisamente porque esa era toda a actividade polÃtica que se podÃa facer", completa o presidente. A mudanza de sistema polÃtico, se ben deu por unha banda nun incremento das posibilidades asociativas, tamén lle restou, segundo lembra Harguindey, efectivos humanos, que pasaron en grande medida a desenvolver a súa actividade en formacións polÃticas ou sindicais. Tamén o actual presidente apunta que a longo prazo este cambio deu nun relativo esmorecemento destes grupos. "Ao chegar a democracia esta reivindicación, que ata entón era exclusiva das asociacións, pasou en grande medida a se integrar nas propias organizacións gobernamentais, e isto levou a ese certo decaemento dos colectivos".
Asociacionismo vivo
Logo de pasados corenta anos da súa fundación, estes pioneiros da cultura teñen clara a importancia que continúan a ter os movementos asociativos de base. "Está claro que a sociedade sigue a necesitar o protagonismo de base, por moitas institucións que haxa, por moita simpatÃa ou apoio que amosen de cara aos obxectivos das asociacións, se non hai unha organización social dinámica e independente do poder, queda un movemento cultural eivado", apunta Harguindey. "Ao desapareceren da vida pública estas agrupacións, a sociedade de hoxe quedaba, en certa medida, sen medios polos que expresar as súas necesidades", completa RodrÃguez Pardo.
O Facho na globalización
Na actualidade, O Facho preséntase plenamente consciente dos retos culturais do século XXI. "Xa non se trata de reivindicar o sermos galegos fronte ao Franquismo", recoñece o presidente do colectivo. "Agora hai que tentar ver o significado que pode ter hoxe o sermos galegos nun mundo globalizado. A idea básica é que sermos galegos agora implica ser dunha maneira concreta nunha sociedade mundial". Entre as iniciativas máis recentes estivo a constitución do Facho de Ouro, un premio para reivindicar galegos significados que levou na primeira edición, en xaneiro de 2006, Isaac DÃaz Pardo. "Agora mesmo estamos con dous ciclos. Un trata sobre a valÃa do idioma galego a nivel internacional, abordando a cuestión da lusofonÃa e do reintegracionismo", apunta RodrÃguez Pardo, "No outro traballamos os sinais de identidade do ser galego, tentamos ver como pensamos ou como se pode pensar Galiza, como unha entidade propia e exclusiva dos galegos e o que pode isto significar no mundo". Ademais, estanse a preparar os actos para celebrar o vindeiro dezasete de maio entre outras iniciativas, o que amosa a propia agrupación é unha cultura que resiste.