A Fundación Caixa Galicia patrocinará todos os programas culturais da TVG mercé a un acordo entre as dúas entidades

A caixa cultural da TVG

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Todos os programas culturais que emitan a Televisión de Galicia e mais a Radio Galega contarán co patrocinio da Fundación Caixa Galicia. A CRTVG e mais a fundación asinaban onte o convenio polo que a entidade privada achegará recursos económicos coa intención de facer destes espazos unha referencia neste campo. Pola súa banda a TVG comprometeuse a que os seus programas informativos acheguen unha información preferente a ciclos culturais arraigados coma o Festival Mozart ou o Are More, patrocinados tamén pola Fundación Caixa Galicia. Este convenio afectará a programas coma "Miraxes", "Alalá" ou "Planeta cine" na TVG ou ao "Diario cultural" ou "Os directos da galega" no caso da radio.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Mozart, Cine, El Correo Gallego...