Valga aproba a construción dun museo na casa natal da Bela Otero mentres solicitan protección para as antenas nazis de Cospeito

A bela, as antenas e os museos

8/3/2006 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Historia
4 lecturas | Compartido 0 veces
A casa natal de Carolina Otero ou a "Bela Otero", como era coñecida internacionalmente, acollerá o Museo Histórico do Concello de Valga. A corporación municipal aprobaba onte destinar 747.000 euros a este proxecto que, ademais de todo un andar dedicado á filla máis coñecida deste lugar dará acubillo a diferentes elementos do patrimonio do concello. Pola súa banda, o alcalde de Cospeito reclamaba onte protección para as antenas de radiolocalización que instalou o exército alemán neste concello durante a II Guerra Mundial. Logo de que o temporal tirase esta fin de semana un dos postes, de máis de cen metros de altura, o alcalde reclama que Defensa asuma a conservación destes elementos e anunciou que pretende mesmo establecer na zona un pequeno museo dedicado á historia destes aparellos e ao sistema de radiodetección CONSOL.

Máis información sobre o museo de Valga en La Voz de Galicia; sobre as antenas de Cospeito no web Militaryruins.tk e na edición de hoxe de El Progreso


Universo culturagalega.gal