Vigo e A Coruña estrean un novo diario gratuíto

O ADN de Vigo e da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os habitantes de Vigo e da Coruña espertaron esta mañá con ADN. É o nome do novo xornal gratuíto que se estrea hoxe e que conta con capital galego. Lanzado polo Grupo Planeta conta co apoio de "La Voz de Galicia" máis cinco grupos de prensa rexional. Diferénciase doutros xornais gratuítos en que ofrece un produto máis reflexivo, con importancia da fotografía e información en profundidade. O xornal conta con catro bloques temáticos: actualidade (que incorpora internacional, política e economía), vida (sociedade e tecnoloxía), deportes e lecer. O encargado da dirección de ADN en Galicia é José Luís Pando.

Máis información no web do Diario

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADN, Vigo, A Coruña, Tecnoloxía...