É sabido que o destino final da Cidade de Cultura influirá no futuro de Santiago de Compostela. É por isto que a corporación municipal organizou esta fin de semana dúas sesións de debate na que dezaseis especialistas en diferentes campos da cultura analizaron as posibilidades deste conxunto. Xosé manuel Beiras, Ignacio Ramonet, Ánxel Viña e Xosé Manuel Villanueva, entre outros, participaron no coloquio. As conclusións destas xornadas faránselle chegar a Consellaría de Cultura. Unha das propostas que manexou este equipo foi ligar a Cidade da Cultura a algún museo internacional, ao xeito do Guggenheim.
Máis información en La Voz de Galicia , en Galicia Hoxe e no web do Concello de Santiago