O audiovisual galego está de noraboa estes días. En primeiro lugar porque onte se presentou en Madrid un novo filme. Titúlase Lena e é a ópera prima de Gonzalo Tapia. Un thriller con "mafia galega" que se estreará no cine Fraga de Vigo o próximo mércores. Por outro lado, a empresa Continental Produccións acaba de ser galardoada cos Premios Pavo Realpolo anuncio "Radical Discoteca".
Mafia á galega
Rodouse en Vigo, é a primeira experiencia cinematográfica de Marta Larralde, que fai de Lena, a protagonista, e do seu director Gonzalo Tapia. É "Lena" a última producción do audiovisual galego que contou coa participación dos xa coñecidos Manuel Manquiña e Roberto Álvarez.
O filme, que foi presentado onte en Madrid, narra a historai dunha rapaza que entra no mundo da mafia e das drogas coa intención de protexer á persoa que idolatra, o seu pai.
No seu primero longametraxe, o asturiano Gonzalo Tapia pretende abordar a relacións entre pais e fillos, así como a masculinidade unida á cobardía e o paso dunha moza da adolescencia á madurez. A película, que terá un preestreno o día 2 no teatro Fraga de Vigo, chegará ás carteleiras de toda España o día 11.
De premio... pavo
O famoso anuncio das laranxas de Radical Fruit (pertence ó grupo Pepsico), que creou e deseñou, a compañía galega Continental Produccións, acaba de ser premiado co Premio Pavo Real, relativo ó ano 2000. Uns galardóns que son o equivalente ós Goya no mundo da publicidade e que pretenden premiar ás mellores creacións.