Doce escolas galegas figuran entre os mellores centro do Estado segundo unha enquisa de El Mundo

12/250

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Dous centros públicos, cinco privados, tres concertados e dous que teñen cursos privados e concertados convértense nos doce colexios galegos que figuran na listaxe das mellores 250 escolas de Educación Infantil do Estado. A enquisa faina o xornal "El Mundo" e analiza cuestións como a metodoloxía docente, a aprendizaxe de idiomas e a estimulación da lectoescritura en 4.000 centros dedicados a Educación Infantil de Primeiro e Segundo Ciclo. Atendendo á puntuación para encontrar un centro galego hai que ir ata o posto 161, no que se atopa o centro “Cerotrés” de Pontevedra con 83 puntos, os mesmos que ten o colexio “Santa Apolonia” da Coruña. Pecha a relación das mellores escolas “Os Muíños” en A Coruña con 75 puntos.

Máis información en El Mundo

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Educación Infantil, A Coruña, Pontevedra...