Fomentar o intercambio entre os axentes culturais dos países que teñen unha expresión lingüística galego-portuguesa é o obxetivo do encontro "Galego no mundo". Do 11 ó 15 de decembro Santiago acollerá o máis representativo de África, Europa, América e Timor nun encontro que poñerá punto e final ós actos do Compostela 2000.
Diferentes áreas
O coordinador xeral do proxecto, o docente da Universidade de Santiago, Elías Torres, destacou a importancia deste evento que pretende respostar ás expectativas da cidadanía da maneira máis participativa. Na presentación estiveron presentes os coordinadores das diferentes áreas que estableceron as liñas de actuación. Xosé María Palmeiro, na área de Medios, Carlos Quiroga na de escritores, Emilio Cao e Xurxo Souto na área de Música, Quico Cadaval por Teatro e Narración Oral, Villaverde en Audio-visuais e Xosé Manuel Sarille nas comunidades encravadas en territorio de lingua oficial diferente.
Participantes
O CGAC, o Salón Teatro, O Salón Nobre de Fonseca, o paraninfo da Universidade, o Pazo de Bendaña, e a Facultade de xornalismo son os escenarios polos que desfilarán María Betania, Fausto, Uxia Pedreira, de Chouteira, Uxía Senlle, e os angolanos Kussondulola na sección musical. Na área de cinema algúns dos asistentes serán Tatal Amaral, Sergio Bianchi e María de Medeiros. E na área de literatura os brasileiros Modesto Carone, Rubém Fonseca, os portugueses Jorge Letria, Joao Aguilar, os africanos Mia Couto e Germano Almeida e os galegos Carlos Casares e María Xosé Queizán entre outros compartirán as súas experiencias. Ademais, Hélder Costa, María do Céu, o teatro de marionetas do Porto e o brasileiro Júnior Sampaio ofrecerán o seu modo de facer teatro.
Actividades
"Latin em pó", verso do cantautor brasileiro Caetano Veloso que fala do modo de proceder da lingua e subtítulo do congreso, pretende estar aberto á participación do público de tal xeito que estes sexan co-protagonistas das propias xornadas que se organizan estes días. O concello de Santiago, a Universidade de Santiago, e o Instituto Camoes xa amosaron o seu interese en colaborar, aínda que seguen esperando un contacto con Porto, que será o ano que ven, capitalidade cultural.