Os concellos de Vigo e Lugo terán 813.000 do Ministerio de Industria para financiar actividades que os introduzan na sociedade da información

Dixitais e virtuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A segunda fase do proxecto “Cidades dixitais” xa está en marcha. Conta cun orzamento de 813.000 euros do Ministerio de Industria para realizar actuacións en Vigo e en Lugo, as últimas cidades galegas en incorporarse ao proxecto que financian as tres administracións (central, autonómica e local). Pero hai outra novidade para Lugo que, ademais de ser cidade dixital, é unha das localidades que contará cun museo virtual. Xunto con Ferrol, Ribadeo, Mondoñedo, Ribadavia, Allariz e Celanova forma parte do “Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sostible (Pagus)” que permitirá amosar a evolución destas localidades a través dun programa virtual.

Máis información sobre as “Cidades Dixitais” Festival e sobre o proxecto Pagus no web da Xunta

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Vigo, Culturagalega, Allariz...