Vigo e Lugo incorpóranse con 2 millóns de euros ao proxecto de cidades dixitais

Dúas máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A alfabetización tecnolóxica e as redes sen fíos centran a segunda e última xornada do “I Foro Galicia Cidade Dixital”, que se desenvolve no pazo de Oca. Un evento que pecha coa ampliación das cidades pilotos nas que se desenvolve o programa. Segundo publica hoxe El Correo Gallego, Vigo e Ourense serán os novos centros nos que se aplicarán as melloras tecnolóxicas precisas para que se convertan en cidades dixitais. Entre as primeiras medidas figura a instalación de servicios informáticos nas rúas ou fomentar o ensino a través de Internet para xente con algún tipo de minusvalía ou enfermidade, para os que contarán con dous millóns de euros.

Máis información sobre as xornadas nesteweb

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Lugo, Internet, El Correo Gallego...

Claves

Entidades
Conceptos