O instituto "Pedra de Auga de Ponteareas" organiza unha exposición pola tolerancia

Lendas para a tolerancia

Lendas, tradicións orais, selvicultura, modo de vestir, obradoiros de cesteiros.... todo en común para poder conseguir que os membros do instituto "Pedra de Auga de Ponteareas" asenten co seu traballo unha mensaxe pola tolerancia. Unha iniciativa que desenvolveu este centro, un dos poucos que existen no Estado Español, que estean asociados á UNESCO. Unha actividade que coincidíu co Día da Paz, polo que se desenvolveron multitude de actos por toda Galicia.

"Pedra de Auga"

Unha aula, unha exposición. Deste xeito tan particular cada unha das 24 aulas que conforman o Instituto "Pedra de Auga" de Ponteareas quixeron facer a súa achega no Día Mundial da Paz. Unha actividade na que este centro, asociado á UNESCO, pretendeu dar a coñecer unha mensaxe contra a intolerancia. Pero unha mensaxe desenvolvida desde unha visión global da cultura e partindo do respecto pola súa propia. Por ese motivo todo o centro, profesores, alumnos, e persoal non docente traballaron para recrear a súa propias experiencias e as vivencias. E o resultado foi unha serie de traballos moi dispares: lendas, tradicións orais, traballos artesanais, selvicultura, moda, traballos desde todos os sectores,... unha volta sobre as raíces para saber cómo somos e evitar brotes de intolerancia ou crispación.
Un traballo no que tamén quixeron aportar o seu gran de area, os "Cesteiros" de Mondariz, que son artesáns de gaitas e o grupo "O Fiadeiro", que conseguiron que os algúns alumnos manexasen o torno para construir unha gaita, participasen na elaboración dun cesto ou coñecesen os materiais empregados polos seus avós para facer traxes de noivas.












Cultura de Paz


"Día pola non violencia e pola paz". Este foi o eslógan baixo o que numerosos grupos e asociacións culturais celebraron onte os seus actos. Por exemplo, o Clube UNESCO da Coruña, remitiu un comunicado no que destacou a situación dos países máis pobres e manifesta a diferencia entre ricos e pobres cada ano. Pr outra banda, o Seminario Galego para a Paz celebrou onte una conferencia no Clube Internacional de Prensa de Santiago, no que Mar Pérez Marsó, directora xeral de Ordenación Educativa e Manuel Dios, presentaron materiais e recursos didácticos osdocentes galegos no ensino dunha educación para a Paz. Unha conferencia que servíu para presentar un cartel conmemorativo co lema "Cultura de paz para desaprender a guerra". E outro exemplo dos actos que se sucederon en numerosos concellos é o do Ateneo Ferrolán, que celebrou o Día da Paz cun maratón de lectura a cargo de varios colexios ferroláns.