O sábado ás 12 h. da mañá chegará Rinlo, un exemplar de foca gris, ao Acuario do Grove. Rinlo foi atopada na localidade do mesmo nome, en Ribadeo, a finais de xaneiro, moi esgotada e desnutrida polos biólogos da Coordinadora para o Estudio dos MamÃferos Mariños (CEMMA). Os cientÃficos sometérona a un tratamento de recuperación na Unidade de Recepción de Fauna desta agrupación en Ferrol. No Grove, Rinlo exercitará de novo a súa musculatura antes de ser devolta ao mar. A CEMMA subliñou que “se evidencia cada dÃa unha maior necesidade dun centro de recuperación especÃfico para a fauna mariña ameazada”.
Máis información e fotos na CEMMA