As empresas galegas avanzan os seus deseños na Semana Internacional da Moda de Madrid

Moda SIMM

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Semana Internacional da Moda de Madrid (SIMM) comezou onte na capital do Estado. Malia que non é tan coñecida como a Madrid Fashion Week (antes pasarela Cibeles) non é por iso menos importante, de feito, é a feira á que asisten máis de mil empresas nacionais e estranxeiras das que corenta e tres son galegas. Alí se comercializan as prendas que atoparemos nas tendas na próxima campaña outono-inverno. En canto as tendencias que se puideron ver na sesión inaugural apreciouse un predominio polos laranxas, verdes e morados, as chaquetas de punto vólvense máis curtas e o visón, o astracán, a pel dada volta e a napa son os tecidos estrela.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Madrid, Feira, El Correo Gallego

Claves

Conceptos
Lugares