Reproducións exactas de obras medievais. Encadernacións en coiro. Papel feito a man. Gravados orixinais. Libros que raramente se pode encontrar nas librarías. A edición de luxo é un complexo mundo que abrangue unha ampla gama de prezos e de produtos. A pesar de ter un mercado literario aparentemente pequeno, Galicia conta con empresas que optan por este modelo de negocio, no que o libro transcende a literatura para se facer un obxecto de arte.
O concepto de edición de luxo engloba unha realidade ampla. Dentro deste epígrafe podemos incluír tiradas masivas de libros editados cun coidado deseño e material, libros que inclúen pezas artísticas exclusivas ou obras que reproducen fielmente un orixinal de hai séculos. En canto a prezos, o abano é igual de amplo e vai desde obras que se poden adquirir por pouco máis de cincuenta euros ata auténticas pezas de coleccionista que superan os 6.000. A pesar da idea que temos de que Galicia conta cun mercado pequeno para o libro no que aparentemente non terían moita cabida este tipo de proxectos, encontrámonos con que, na realidade, diferentes editoras, a miúdo pouco coñecidas, cobren toda unha gama de formatos e de orientacións en canto a edicións de luxo.
Pintura nas páxinas
É este o caso por exemplo de Linteo Edicións, unha modesta editorial ourensá que, onda a algúns títulos de prezo e formato convencional, realiza unha forte aposta por este tipo de produtos. "Temos unha edición de `Tres lecciones de tinieblas´ de José Ángel Valente e outra de `Sepulcro en Tarquinia´ de Antonio Colinas que inclúen gravados orixinais", apunta Manuel Ramos, director de Linteo. Ademais de gravados, estas obras están impresas en papel artesán e de alto gramaxe e encadernadas con peles especialmente seleccionadas, e publícanse en tiraxes de só cen exemplares que custan algo máis de trescentos euros no caso dos poemas de Valente e arredor de seiscentos ao falar da obra de Colinas. Sen embargo, o magno proxecto desta firma ata o momento é a edición e artista de Quixote, unha obra en dous volumes na que o texto de Cervantes se acompaña con óleos e gravados de Ramón Pérez Carrió que se presentaba a finais do pasado 2005 logo de seis anos de traballo. Esta obra saíu cun prezo de seis mil euros por exemplar nunha tiraxe limitada de 200, e dará pé a que, ao longo deste ano, poidamos ver unha mostra con todo o traballo artístico ao que deu lugar.
Un proceso especializado
Nunha primeira ollada, semella que o campo da edición de luxo tende a se concentrar en empresas que non forman parte dos grandes nomes da edición no noso país. Os altos custos económicos e temporais, a necesidade de coñecementos específicos e o modelo distintivo de negocio que implica este tipo de proxecto fai que moitas empresas que o abordan tendan á especialización ou, cando menos, a cubrir boa parte do seu catálogo con estes produtos. "Este tipo de propostas non están excluídas dunha mentalidade máis industrial, pero hai que ter unha enerxía mental excepcional para resolver a cantidade de cousas que se pasan polo camiño. O material, o enfoque, o tamaño ou todo tipo de elementos", explica Ramos, de acordo en que é máis habitual que este negocio o aborden editoras máis especializadas nas que se poida estar máis pendente da elaboración de cada obra.
Arte e negocio
"No caso dos libros artísticos non se trata de buscar imaxes para o texto, senón de facer unha lectura paralela, un discurso artístico autónomo que pode estar máis ou menos vencellado á obra", explica Ramos. "Os libros moitas veces son froito dunha experimentación, hai que facer moitas probas, prototipos, probar diferentes peles para a encadernación e papeis. Cada libro ten o seu propio acabado, e é máis doado facer un libro estándar", recoñece. Por exemplo, o emprego de gravados artesáns fai que as tiraxes teñan que ser especialmente reducidas ante a degradación que, de xeito inevitable, se vai producindo na prancha orixinal. Isto leva tamén a que cada reprodución teña características únicas. Evidentemente, a natureza única destes volumes fai que non se poidan adquirir en librarías e que só se poidan encargar na propia editora. "Son uns produtos que ofrecen rendibilidade a un prazo longo, a obra non se deprecia e mesmo a carreira do artista que o ilustrou pode revalorizala", apunta o director de Linteo. "A xente que merca este libro vai desde admiradores da obra do autor que ilustramos ata coleccionistas, e mesmo hai quen compra varias copias coma investimento. Os libros deste tipo vanse valorizando co tempo, segundo van desaparecendo exemplares do mercado", recoñece Ramos. "En xeral sempre hai os clientes necesarios e só o tempo debe dicir como se resolve a edición. De Valente, por exemplo xa se vendeu o 60% da edición mentres que co Quixote só estamos no 20% polo de agora". E recoñece que en ocasións o cliente debe aforrar un tempo para se facer cunha destas exclusivas edicións
Reproducións idénticas
Os tres campos que temos mencionado da edición de luxo, arte, facsímiles e publicacións especialmente coidadas están representados no catálogo de Xuntanza Editorial. "Fixemos a primeira edición do `Quixote´ en galego, ilustrada tamén por autores galegos. Acabo de editar agora o `Libro de horas da condesa de Bertiandos´ e agora estou a facer a `Crônica Geral de Espanha", de 1344 e que se lle atribúe ao Conde de Barcelos", explica Raúl Seoane, director deste proxecto. Ademais destes, Xuntanza ten tirado outros volumes de importancia, como a serie "Patrimonio Histórico Gallego: Catedrales", tres volumes encadernados en coiro que conteñen máis de 2.200 fotografías e que roldan os cento cincuenta euros cada un. As tiraxes máis habituais destas obras chegan aos 997 exemplares, que se venden maioritariamente a través do contacto directo cos clientes. "O vindeiro mes publico o Atlas de lázaro Luís, o primeiro onde se pode ver o Xapón", adiántanos Seoane, que asegura que non é dimensión económica deste negocio o que prima á hora de ver que se edita. "É o tipo de libro que sempre me atraeu. O que máis che pesa á hora de decidir editar algo é o que queres facer. Se o códice é algo que che atrae, méteste".
Facsímiles para todos
Apuntando a un mercado máis popular, e sen saír da edición facsimilar, encontramos os traballos da editorial Alvarellos. "Eu prefiro falar de edición coidada e non de luxo", explica o director do proxecto, Henrique Alvarellos, que tamén aborda neste proxecto obras máis convencionais. Entre os produtos desta firma, encontramos propostas tan curiosas como as obras completas do Cura de Fruime, libros de Frei Martín Sarmiento, a primeira historia publicada da Diócese de Lugo ou mesmo unha edición da "Arquitectura" de Vitrubio. "Os facsímiles roldan os cincuenta euros de venda ao público, teñen un papel estucado e de gramaxe alta, e iso implica un maior custo. Investimos máis na edición, e iso fai que teñamos menos marxe de ganancia", apunta o editor, que recoñece que a tiraxe destas obras "é a media en Galicia, uns mil exemplares". De novo o gusto polo libro é o que este editor apunta como decisivo á hora de lanzar produtos destas características. "O risco de publicar este tipo de obras é maior, pero o pracer é moi grande ao editar algo que a un lle gusta", explica Alvarellos.
Encadernar a man
Unha das variedades de edición de luxo é a publicación de obras que, sen incluír orixinais artísticos ou reproducir antigos libros, contan cuns materiais de alta calidade e unha tiraxe limitada. É o que fan, por exemplo, en Hércules de Edicións co "Proxecto Galicia". Esta colección que vai analizando tomo a tomo diferentes aspectos do noso país conta don dúas versións. Unha delas, con encadernación en tapa dura, mantén unha alta calidade de papel de reprodución fotográfica. A outra, de luxo, alberga os mesmos contidos nunha encadernación especial que multiplica o seu prezo por seis. "A encadernación está elaborada de xeito artesanal, con gravados de ouro, cuños e outro tipo de cousas que o distinguen perfectamente da edición habitual", explica Manuel Gándara, director da empresa. O acceso a toda unha colección neste formato limita en grande medida o público. "Os clientes que optan por este tipo de edicións teñen un poder adquisitivo alto ou un ocupan un cargo importante e posúen unha alta sensibilidade para o libro. Tiramos unha edición numerada de cen exemplares en galego e outros cen en castelán, e o número un de cada volume vai para a Casa Real", complexa Gándara.
Coleccións de fóra
Canda a estas propostas, existen diferentes iniciativas que se poden encadrar no concepto de "edición de luxo" ou de "libro obxecto" no noso país. Por exemplo a impresionante colección que sobre as nosas artes publica Nova Galicia edicións desde hai xa anos. Ou as escasamente coñecidas reproducións facsimilares de edita Edicións Boreal desde A Coruña. Tamén existen propostas galegas neste campo que se desenvolven, curiosamente, desde o exterior. É o caso do celebérrimo Manuel Moleiro, que publica desde Barcelona algunhas das máis exactas (e caras) edicións facsímiles de manuscritos medievais que se fan no mundo. Clásicos coma o "Beato de Liébana", os "Libros de Horas" de diferentes reis ou o "Atlas Universal" de Diogo Homem forman parte do selecto catálogo desta firma, que só tira edicións numeradas de 987 exemplares e que chegan a custar ata 15.000 euros por volume. Tamén desde Barcelona, onde chegou logo de nacer en París en 1994, localízase a editorial Raíña Lupa. Esta aposta, dirixida por Rocío Santa Cruz, especialízase na edición de obras que inclúen ilustracións orixinais, gravados e fotografías, o que implica unhas tiraxes moi limitadas. Os "Seis poemas galegos" de Lorca, o "Itinerarium" de Egeria ou o texto "La bella Otero" de Torrente Ballester teñen visto a luz en tiraxes que raramente chegan aos cen exemplares. E é que hai libros que son difíciles xa non de mercar, senón mesmo de atopar.