A casualidade reuniu en 1997 enriba dun escenario a Tito Maqueira(guitarra), Marcos Seixo (zanfona e percusións) e Toño DomÃnguez (frauta e voz) para dar un concerto de intención case que anecdótica. A boa comunicación que acadaron entre eles levounos a comezar a cavilar nun proxecto de formación musical estable. Aquel dÃa da casualidade era un xoves, e os músicos decidiron lembrar o encontro dándolle ó seu proxecto o nome do dÃa, Quinta Feira. Agora, tres anos despois editan o seu primeiro disco "...de seu" (Sons Galiza, 2000). En Quinta Feira conviven cordialmente o jazz, o rock, a bossa, aires portugueses e, como non, a referencia da música tradicional galega. A metade das cancións do seu disco son instrumentais, mentres que as letras das outras cinco baséanse en textos de autores galegos. tanto contemporáneos (Roberto Blanco Torres, Castelao) coma trobadores medievais (Xoán de Cangas, Mendinho, MartÃn Codax). A presentación do disco "...de seu" fÃxose o pasado 20 de outubro no Teatro Principal de Pontevedra, co apoio da ConcellarÃa de Cultura do concello da cidade do Lérez. A formación caracterÃzase por unha vocación didáctica que se materializou cando, en 1998, fixeron unha xira por centros de ensino e asociacións culturais. O espectáculo didáctico que presentaron entón, no que se mesturaban música e literatura, facÃa un percorrido pola historia e cultura dos trobadores medievais