As copas e ir de marcha son os principais gastos dos mozos

Cuestión de prioridades

Copas, roupa, calzado, comidas e ceas son os principais destinos dos cartos dos mozos galegos con idades entre os 16 e os 30 anos. E iso é o que revela a última enquisa do Instituto Galego de Consumo que fixo un análise dos hábitos de consumo a través dos gastos dos mozos galegos. Uns resultados que revelan que gastan ata case cinco veces máis en ir de copas que en consumir bens culturais (cine, vídeos, revistas e libros).

Política de gasto

Se nos preguntamos ¿en que gastan os cartos os mozos galegos de 16 a 30 anos? A resposta sería a seguinte: na pole position está o acceso a locais de diversión e bebidas (o 17,1%), en ahorrar para o consumo (12,1%), en roupa e calzado (13,8%) e en comidas, ceas e bocadillos (o 6,5%). Moi lonxe desas primeiras prioridades de gasto, está a cultura que ocupa un décimo lugar (cun 3.8%) por debaixo de gastos como o tacabo (cun 4.6%) ou o combustible de automoción (un 5.5%).
E é que queda claro que para os mozos é máis importante o gasto en roupa que o gato en bens culturais. Un feito que está relacionado coa importancia que se lle concede á roupa. De feito, máis da metade dos mozos consideran importante (bastante ou moito) o modo de vestir (cun 58,2%).
Por exemplo, nos gastos dun mes, temos que van ó cine 1,4 veces, alugan vídeos 1,8 veces, navegan desde hai ciber 1,1 veces, ir de copas 4,5 veces, e mercar revistas 1,1 veces.












Perfil do mozo galego


Estes datos de consumo revelan tamén tendencias e esbozan un pequeno retrato robot sobre o perfil medio do mozo galego. Segundo estes datoso perfil é dun mozo que vive na casa dos seus pais, que valora a imaxe da roupa, que concede pouca importancia á ideoloxía na súa orientación vital, que ten moito desapego ideolóxico e poucas inquietudes relixiosas.