Trece titulacións da USC perderon alumnos nos últimos cinco anos

Menos universidade que nunca

Física, Matemáticas, Química, Farmacia, Economía, Psicoloxía, Educación, Educación Primaria e Infantil, Empresariais e as catro Filoloxías non están de moda. Ou polo menos hai cinco anos se matriculaban nestas carreiras un vinte por cento máis do que se fixo na última matrícula (a relativa ó actual curso académico 2001-2002). Unha perda de alumnado que se analizou onte nas xoranadas que organizou o Insituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (Idega) no Salón de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia.

Plan de choque

A Universidade perde número de matrícula. Esta é unha realidade que se vén constantando desde hai anos, tanto en estudios como en previsións que se deducían ó analizar a tendencia demográfica. A diminución no número de nacementos, unido ós abandonos (fracaso escolar) fai que a Universidade teña cada ano unha cota de matrícula inferior. Nas xornadas de avaliación do sistema univeritario galego celebrado onte no Consello Económico e Social puxéronselle datos concretos a esa situación. En total 13 titulacións ( Física, Matemáticas, Química, Farmacia, Economía, Psicoloxía, Educación, Educación Primaria e Infantil, Empresariais e as catro Filoloxías) perderon un 20% dos alumnos no último lustro. Unha porcentaxe ben significativa, sobre todo cando se espera que a diminución demográfica provoque unha reducción da demanda de formación universitaria estimada no 40% da matrícula do ano 199 ó 2010.
Por ese motivo, onte non só foron ponencias alarmistas no trancurso da xornada, xa que tamén houbo quen quixo aportar o seu plan de choque para evitar esta medida e esta situación. Foi a profesora Sara Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela, a que puxo sobre a mesa posibles medidas e actividades concretas para evitar esa diminución. E propugo potenciar as titulacións propias, os curso de postgrado, a formación continua e a creación e promoción do campus virtual.











E a Universidade Popular aclara


E volvemos outra vez a Vigo para falar da Universidade Popular, non porque se producise ningún incidente novo, senón porque vanse sabendo novos datos sobre o actual peche. Unha decisión provisional que durará unicamente dez días, que é o tempo necesario para que se afiance as luminarias do edificio. E para evitar malos entendidos ou ningún tipo de problema, a presidenta do padroado e concellala de Educación, Ana Galdón, subliñou que os accidentes non teñen relación coas obras que se mantivo na universidade durante este tempo (relacionadas coa estructura do edificio), senón que se deben a "un vezo oculto na suxección, por anclaxe débil no falto teito". Además, tamén quixo aclarar que non houbo ningún informe técnico que alertase do risco da situación do edificio.