Galicia incrementa o seu investimento e I+D pero segue lonxe da media europea

Investigación máis/menos desenvolvemento

Os datos sobre Investigación e Desenvolvemento (I+D) do ano 2000 presentados onte pola Xunta revelan un incremento dun 26,9% con respecto ó ano anterior, acadando un 0,63% do Producto Interior Bruto do país. Sen embargo, estes datos continúan a estar moi por baixo da media estatal, un 0,94% do PIB e da europea, que chega ó 1,9%.

Máis cartos, máis xente


O secretario xeral de I+D da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Ríos, deu a coñecer onte os investimentos en Investigación e Desenvolvemento realizados no noso país durnaante o ano 2000. Os 209,4 mllóns de euros investidos supóne nun 0,63% por cento do PIB do país fronte ó 0,54% que se desembolsou en 1999. O incremento total foi un 26,9%, 44,3 millóns de euros máis que en 1999.
O maior investimento traduciuse nun incremento no número de investigadores, que pasou dos 4.535 profesionais en 1999 a 5.666 en 2000, un 25% máis.












Lonxe da media


A pesar dos maiores investimentos, Galicia sitúase no séptimo posto entre as comunidades autónomas, por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía, Euskadi, Valencia e Castela e León.
Admeais, a media de investimento galego, o 0,63% do PIB, é moi inferior á media estatal, un 0,94% do total, e está aínda máis afastada do 1,9% de media europea.
Tamén a participación empresarial neste eido, o 31% do total, está moi por baixo do que 54% español e do 66% europeo. O 80% do gasto en investigación corresponde ás universidades.
A escasa participación empresarial débese, segundo Miguel Ángel Ríos, á escasa cultura existente entre as empresas a este respecto e á dificultade das pequenas empresas para abordar proxectos neste eido.