O escritor Xosé Durán vende o primeiro audiolibro en galego no iTunes

Libros que entran polos oídos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“O asasino invisible” é un libro de relatos de ciencia ficción do escritor e xornalista pontevedrés Xosé Durán que editou Galaxia en 1998 na súa colección Costa Oeste e agora, ademais de lelos podes escoitalos. É posible porque é o primeiro audiolibro (libros narrados e gravados en audio) de pagamento en galego dispoñible a través de iTunes, a tenda en música en liña de Apple. Por outra banda, Xosé Durán tamén ten en Itunes un en español que leva por título “El libro del triunfador” e prepara novos relatos en galego para difundir a través da rede como son “O cerebro”, “O xogo”, “Dobre ou nada”.

Máis información sobre o volume do que se extraen os relatos no web de Fílix, a ficha de Xosé Durán no web de Panartist.com e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Durán, Xosé Durán, Ciencia, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Conceptos