O Concello de Padrón non perde o tempo e vén de convocar un concurso de ideas para decidir como será a estatua a Camilo José Cela que presidirá o Paseo do Espolón. E mentres Padrón quere unha estatua nova, Pontevedra quere recuperar unha vella. O Concello regalou en 1952 un busto de homenaxe a Valle-Inclán que estaba instalado no parque das Palmeiras e substituÃuno cun monolito. Agora, a Cidade do Lérez quere realizar unha réplica da vella escultura, E mentres o pintor Euxenio Granell, falecido o pasado outubro, será homenaxado cunha placa na porta do seu domicilio en Madrid.
Escultura a concurso
O Concello de Padrón decidiu o pasado dÃa 17, ó coñecer a morte de Camilo José Cela, convocar un concurso para realizar unha estatua en homenaxe do premio Nóbel. Desde o Consistorio quérese que a futura estatua se sitúe diante da que actualmente está dedicada a RosalÃa de Castro,k presidindo o Paseo do Espolón.
AÃnda que as bases do concurso aÃnda non están redactadas, desde o concello sinalan que a estatua terá que realizarse en en bronce, material preferido polo escritor, que terá que representar a Cela de corpo enteiro e que irá sobre un pedestal de granito ou de mármore.
Ademais da estatua, o Concello pretende homenaxera ó seu fillo predilecto editando un número especial da revista que o concello edita periodicamente.
Valle replicante
En xuño de 1936, cinco meses despois da morte de Valle-Inclán, o Concello de Pontevedra decidiu situar unha estatua dedicada ó escritor no parque dos xardÃns de Vicenti. En 1952, decidiuse substituir este busto por un monolito e ceder a estatua á familia do escritor, aÃnda que as cinco toneladas de peso do busto fixo que estes declinasen a invitación e que a escultura rematase en Vilanova, dese onde, logo dun tempo partiu ó Concello da Pobra. Alà estivo a escultura abandonada durante anos ata que se lle deu acomodo no cumio do monte Curotiña, onde se atopa actualmente.
Agora, o Concello de Pontevedra quere recuperar a memoria da relación de Valle-Inclán coa cidade, e para isto é realizar unha réplica desta estatua, se os heredeiros de Prieto Coussent, o seu autor non poñen trabas e logo de que o Concello da Pobra xa amosase a súa negativa a que o orixinal voltase á Cidade do Lérez.
De calquera xeito, aÃnda está pendente de decidir o futuro emprazamento da réplica.
Bronce para Granell
O CÃrculo de Bellas Artes de Madrid inaugurou onte unha placa que lembra o falecido pintor surrealista Eugenio Granell na porta do que fora o seu domicilio en Madrid. Granell, de orixe galega, viviu na capital española durante longos anos, o que motivou que recibise a Medalla de Ouro deste colectivo. mañá realizarase na sede do CÃrculo unha conferencia na que artistas coma Antón Patiño, Francisco Rivas, ou Xosé Luis Canido analizarán a figura do pintor.