Dous de cada cen turistas escollen Santiago como destino cultural

Turista número 2.002

Cadaquen ten un nome, un país de procedencia, unha idade e a probablemente unha historia. Pero para moitos das estatísticas que recollen datos de afluencia a Galicia todas esas persoas non son máis que un número. Son os datos que recollen as tendencias de visitantes, as súas preferencias e calculan a cantidade de cartos que deixan na súa viaxe, que ofrecen un perfil, que logo as entidades organizan para atender a esa demanda. Segundo os datos que manexa Turisport (Salón de Turismo da Fundación Semana Verde) Santiago atrae a dous de cada cen turistas que chegan a España cada ano. Non ten unha idade específica (existe unha gran diversidade de idades) e deixa cada día uns 77,72 euros (unhas 12.932 pesetas).


Datos e perfil

As dúas entidades que ofrecen datos sobre o turismo cultural en Compostela teñen uns resultados un tanto contradictorios, segundo se recollen en El Correo Gallego. Segundo referencia estes xornal, desde Turisport aseguran que Santiago recibe nove millóns e medio de turistas cada ano, unha cifra moi superior ós seis millóns que visitan o casco histórico segundo as cifras que ofrece o concello de Santiago.
O perfil do visitante destas estatísticas referencia que deses nove millóns de visitantes, catro e medio chegan desde España e o resto desde o estranxeiro (e deses, un 70% faino desde Europa). A súa media de idade é difícil de calcular xa que se tratan dun turismo moi dispar, que se asenta con claridade en ningunha das franxas de idade estipuladas. Pero sí establecen que se trata de persoas cun nivel de estudios alto (un 71% son universitarios),e que se sitúan nun nivel económico medio alto (un 46%) ou alto (19%).
No relativo ó tipo e ó perfil de turistas que chega desde o estado español a Galicia, e non só a Compostela, cómpre referenciar outro informe que deu a coñecer Turgalicia a semana pasada. Unha enquisa elaborada pola Universidade de Santiago, e que revela que o 80% dos turistas que se achegan ata Galicia teñen entre 20 e 50 anos. No que respecta á súa procedencia, pois, un de cada tres procede da propia Galicia, seguidos de preto por Madrid e Cataluña.











Repercusións do turismo


Aínda que existe unha diferencia de tres millóns de turistas entre os datos do Concello de Compostela e os ofrecidos desde Turisport, queda claro que é un número basante destacado de persoas que visita a capital de Galicia anualmente. Unha consideración que ten en conta os responsables do patrimonio compostelano. Sobre todo no que atende a dous fenómenos. Por unha banda, nos arranxos necesarios para acoller a este número de xente (infraestructuras basicamente) e pola outra no que afecta a conseguir abrir ó público edificios de interese cultural que ata agora aparecen pechados. No capítulo das obras as principais actividades desenvolvidas afectaban á infaestrucutras (pavimento no casco histórico) e para o que se destinou unha partida que superou os 1.202.024 euros (douscentos millóns de pesetas). E no segundo apartado, no que afecta á apertura doutros eficios, o concello estivo facendo as xestión pertinentes para que abrisen, no menor tempo posible outros edficios de interese cultural como as igrexas de Ánimas, San Bieito ou o museo de San Paio, co fin de diversificar a oferta e desconxestionar a Catredral e ou seus arredores.