Un estudio conclúe que o sector editorial galego facturou no 2003 un 13’8% menos que no ano anterior

As capas do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xerais, Galaxia, A nosa Terra, Kalandraka e Ir Indo son as únicas editoras galegas que presentan niveles de facturación semellantes ás do ámbito estatal. As características do sector en Galicia pasan por ter máis de trinta empresas, apostan pola lingua galega, está moi vencellado ao ámbito educativo e no 2003 diminuíu a súa porcentaxe de facturación. O estudo achega que nese ano o sector editorial facturou 15.77 millóns de euros, un 13.8% menos que no 2002. Son algunhas das conclusións que se tiran do informe que encargaron a Real Academia Galega, a Universidade de Santiago e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Máis información en Galicia Hoxe e La Opinión

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, La Opinión, Galicia Hoxe, A Nosa Terra...