Unimiño é o nome da primeira comunidade transfronteiriza de concellos que existe no noso paÃs. Esta entidade está conformada quince concellos do sur de Pontevedra e as cinco cámaras municipais do Val do Minho, no norte de Portugal, quere traballar conxuntamente en áreas que van desde as obras públicas ou a agricultura, ao turismo, o ambiente, a educación ou a cultura. Ao tempo, desde a Raia Seca, chéganos a nova da vindeira proclamación da República Arraiana. Quince asociacións culturais do sur de Ourense e do norte de Portugal reunÃronse onte en Celanova e acordaron solicitarlle á Xunta o recoñecemento simbólico desta República a xeito de recoñecemento da identidade cultural que existe das dúas bandas da fronteira. Ademais, programaron actividades comúns coma unha homenaxe aos fusilados no Alto do Furriolo ou a creación da Orde dos Cabaleiros da Raia.
Máis información en El Correo Gallego e en La Región