Hai persoas que son vÃnculos entre xeracións e tradicións culturais. Antón Fraguas, de quen estes dÃas se celebra o centenario do seu nacemento, foi un destes persoeiros. Alumno de Castelao e dos mestres da Xeración Nós e membro e inspirador das máis importantes institucións culturais galegas da democracia, as investigacións e actuacións de Fraguas sobre historia, etnografÃa e xeografÃa multiplicaron o noso coñecemento sobre a sociedade tradicional.
Antón Fraguas morreu con 93 anos en Santiago de Compostela, a cidade que o acolleu dende mediados do século XX. Foi no 1999. O seu multitudinario enterro amosou un dos principais trazos do seu carácter: a capacidade de espertar amplos consensos dentro do mundo da cultura. Nos seus últimos anos, Antón Fraguas mantivera unha envexable e frenética actividade cultural: ocupou a presidencia do Museo do Pobo Galego, mantivo cadeira na Real Academia Galega, foi membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, investigou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Este antigo Catedrático de XeografÃa e Historia do instituto compostelano “RosalÃa de Castro”, xubilado dende o ano 1975, representaba un vÃnculo simbólico necesario no proceso de construción da cultura galega moderna, ligando o antigo traballo de recuperación histórica desenvolvido pola Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos coa modernidade da Galicia autonómica. A importancia da súa figura para comprender a antropoloxÃa moderna en Galicia propiciou que o Consello da Cultura Galega decidira homenaxealo a semana pasada en Compostela.
Para comprender a súa obra, temos que remontarnos a súa formación. Contemporáneo e colaborador de Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Cuevillas, Antón Fraguas herdou dos seus mestres o talento e o gusto pola poligrafÃa: unha busca simple na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela revela a existencia de máis de 200 publicacións nas que el participou. Unha exploración en profundidade permite descubrir unha enorme diversidade de textos: dende escolmas de música tradicional, catálogos de castros, etnografÃa da arte dramática, sobre o traxe campesiño, patrimonio material, dereito consuetudinario (o dereito común labrego), perfÃs de notables figuras da historia galega e, en xeral, unha gran lista de traballos sobre antropoloxÃa cultural.
Os alicerces campesiños
Antón Fraguas naceu nunha pequena aldea de Cotobade (Pontevedra) o 28 de decembro de 1905, nunha familia de pai emigrante. EstudarÃa FilosofÃa e Letras e Santiago de Compostela e obterÃa a cátedra de catedrático de XeografÃa e Historia no instituto da Estrada en 1933. Dende a súa mocidade, Fraguas manifestou interese polo galeguismo: da man de Losada Diéguez, ingresou no Seminario de Estudos Galegos e comezou a traballar en investigación de contado. O Seminario de Estudos Galegos fundárano en 1923 un grupo de estudantes –amigos e galeguistas- na Universidade de Santiago de Compostela, involucrando para darlle unha maior solidez institucional ao de aquela catedrático de Literatura Armando Cotarelo Valledor, quen foi elixido como Presidente. Este grupo de estudantes pretendÃan producir investigacións de carácter cientÃfico sobre a realidade galega –e en galego- en moi diferentes ámbitos do coñecemento, superando asà a tradicional identificación entre a ideoloxÃa galeguista e literatura e introducindo a preocupación polo paÃs en ámbitos coma a xeografÃa, a xeoloxÃa ou a economÃa, entre outros.
Fraguas participará desta efervescencia identitaria, e o paso cara a actividade polÃtica non tardou en producirse. Militante do Partido Galeguista, chegará a pronunciar mitins con Castelao en favor do Estatuto. Cando se produce a insurrección militar no 1936, el continúa sendo profesor na Estrada, e os axustes de contas non tardan en producirse. O antropólogo Francisco Calo sinala na Nosa Terra (nº 1203) que “foi desposuÃdo da praza, vexado e insultado, tendo que levar a bandeira da Falanxe, cantar o seu himno e varrer as rúas da vila”. Aquela delicadÃsima situación deixarÃao moi marcado: a Fraguas non lle gustaba nada lembrar esa época e mantiña sobre ela un doloroso silencio.
Recollida tradicional
Antón Fraguas foi autor de numerosos textos de etnografÃa de tradición oral. Sobrancean entre os seus estudos as “Aportacións ao cancioneiro de Cotobade” (Fundación Otero Pedrayo, Ourense, 1985) ou o “Cantigueiro” (Ediciós do Castro, 1998), que tamén recolle voces da Terra de Montes e a zona central da provincia de Pontevedra. Volumes sobre o Entroido, as romarÃas e as crenzas viron á luz en diferentes momentos. Pouco a pouco, nunha incesante labor de cronista, de conferenciante, de escritor de artigos para revistas culturais e de escritor, Fraguas foi achegando un valioso coñecemento sobre un mundo que estaba a rematar, e no que el nacera. Fraguas foi un dos últimos representantes dunha valiosa estirpe: a dos galeguistas que rexeitaban a especialización das disciplinas, cun amplo coñecemento global sobre a cultura e a historia do noso paÃs. Coa súa actividade imparable, transportou o legado dos galeguistas fundadores do Seminario de Estudos Galegos ata a