Hoxe é o partido. O paÃs estrea selección futbolÃstica. E, sen embargo, esta formación conta cunha longa historia detrás que percorre boa parte do século pasado e que é pródiga en anécdotas. O primeiro partido foi por aló en 1922, nada menos que contra Castela. Desde aquela, toda unha serie de tentativas e de pequenas conquistas conforman unha historia que continúa esta mesma noite.
Está en disputa o lugar polo que o fútbol chegou desde o Reino Unido ao Estado Español. Pero, fose en VilagarcÃa ou en Huelva, non hai dúbida de que o denominado Deporte Rei conta cunha longa tradición no noso paÃs. Dentro desa tradición existe tamén unha longa historia de selección propia. Unha historia que, dun xeito ou doutro, aparece intimamente vencellada con outros elementos da historia do noso paÃs. O comezo foi en 1922. Os encontros preparatorios para formar unha Selección Española de fútbol para os Xogos OlÃmpicos de 1924 en ParÃs levaron a organizar partidos entre equipos de diferentes zonas do Estado. Neste sentido, a Selección Galega enfrontouse á Selección Centro, á que se impuxo por catro tantos a un. Pouco tempo despois, en xaneiro de 1923, deuse o primeiro encontro internacional, cunha vitoria sobre a selección de Lisboa por 3 a 1.
O fermento
Eran aqueles tempos en que o fútbol non movÃa tantos cartos como na actualidade e o deporte contaba cun amplo apoio social. "O fermento era bastante amplo, os fillos da burguesÃa da conserva e do mar que Ãan estudar a Inglaterra ou a Francia popularizaron o xogo" explica Alfonso Eiré, autor de "O fútbol na sociedade galega" e director de "A Nosa Terra". "O galeguismo tivo bastante que ver con este espallamento. Daquela mantiñan un contacto co exterior moi grande e tiñan acceso ás modas internacionais", sinala o director de "A Nosa Terra". "Era lóxico que fose esta xente a que despois, e por cuestións polÃticas, impulsou o nacemento do Celta de Vigo, do Eiriña, e en certa medida, do Deportivo", tendo unha maior importancia, neste último caso, burguesÃa liberal coruñesa.
EconomÃa e polÃtica
Foi a maior profesionalización do deporte, e o subseguinte fortalecemento dos clubs, o que fixo descender en grande media o impulso inicial das seleccións rexionais. "Segundo se Ãa profesionalizando o fútbol, os equipos facÃanse máis fortes, unificábanse dentro das distintas cidades e instaurábanse unhas ligas máis regulares, que esixÃan unha maior participación dos xogadores e deixaban menos tempo para iniciativas deste tipo", sinala Eiré. Canda as cuestións puramente deportivas, non hai dúbida de que a polÃtica tivo un papel decisivo na configuración das diferentes seleccións deportivas. Deste xeito, tanto a ditadura de Primo de Rivera como o Franquismo coutaron en boa medida o nacemento de formacións deste tipo dentro do Estado. En todos os casos, a Guerra Civil truncou a traxectoria que estas formacións desenvolveran ao longo da II República. De feito, a sublevación de 1936 colleu en Barcelona os membros da Selección Galega, desprazados á Cidade Condal para Participar nunha Olimpiada Popular. A pesar do conflito, existen testemuños de diferentes partidos xogados nos tres anos de confrontación. O xeneral Enrique Lister aseguraba que no seu V Rexemento se xogou algún encontro do noso combinado patrio, e hai rexistro dun partido en Holanda durante este tempo, aÃnda que non todos os xogadores fosen do noso paÃs.
Outras seleccións
A nivel de fútbol a nosa historia non é moi diferente da de outras seleccións no paÃs. "As dúas máis fortes historicamente foron Euskadi e Cataluña", explica Eiré. Neste sentido, a traxectoria das seleccións vascas e catalás foi algo máis espléndida naquel perÃodo. "Seguiron xogando como auténticas embaixadas dos seus paÃses", asegura Eiré.
Logo da paréntese do franquismo, onde unicamente se realizaron equipos rexionais cos nomes de "combinados", foron de novo estas dúas seleccións as que xurdiron con forza. "No 76 e no 77 iniciaron de novo unha xeira de partidos. En Cataluña o F.C. Barcelona implicouse moito e en Euskadi o PNV apoiou esta formación", destaca Eiré, que lamenta en cambio o escaso apoio que houbo en Galicia a unha proposta análoga. De novo a polÃtica aparece mesturada coa historia da nosa selección cando, logo da tentativa de golpe de Estado do 23-F promúlganse unha serie de leis que restrinxen a actuación destes equipos. Deste xeito, segundo asegura Eiré, textos como a Lei de Defensa da Constitución ou a Lei de Harmonización do Proceso Autonómico impedÃan os partidos de seleccións profesionais autonómicas entre si. "Isto obrigaba a traer seleccións de fóra, o que supuña un custo moi grande cando Cataluña ou Euskadi terÃan vido de balde xogar contra unha selección galega", completa o director de "A Nosa Terra".
O retorno
Unha importante mobilización popular durante os anos noventa, por parte do movemento Bravú e mais de Siarier@s Galeg@s trouxo de novo á actualidade a idea de contarmos cunha selección propia. Finalmente, hoxe estréase unha nova xeira da Selección Galega. "Non é a grande selección que poderÃa ter sido noutros tempos, con xogadores coma Suárez, Amancio, Marcelino ou Bullo, pero é competitiva e vai facer un bo papel", asegura este historiador do noso fútbol. "Sobre todo vai servir de proxección para unha canteira galega que está pouco valorada porque tivo que marchar de aquÃ. Todos estes anos os clubs tiveron unha polÃtica de fichaxes estranxeiras, e iso tamén influÃu en que a selección tivese máis problemas para se desenvolver", completa. Dun xeito ou doutro, hoxe pÃtase o comezo do partido para este novo equipo. Agardamos que o xogo sexa bo.