O noso estatuto cumpre 25 anos. Mentres se abre o debate sobre a súa reforma e os termos nos que se debe realizar, sucédense as celebracións das vodas de prata da nosa autonomía. A aparición da Xunta deu lugar a unha serie de cambios aos que a cultura non foi allea. Pasouse dunha cultura alimentada a base das asociacións a unha de corte máis institucional, un cambio que analizamos da man de Ramón Villares e Xosé Luís Barreiro Rivas.
A valoración global que tanto o historiador e catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Villares, e o politólogo, profesor da USC e ex-vicepresidente da Xunta, Xosé Luis Barreiro Rivas, fan da evolución cultural deste cuarto de século pasa porque se produciu un cambio e un despegamento sen precedentes. Eu creo, explica Villares, que a principal característica é que a altura de 1979 a cultura galega tiña moito de resistencialista, de cultura que tiña como misión salvarse, e a autonomía deulle unha canle institucional pero non con iso quero dicir se conseguiu todo. Pola súa parte, para Barreiro Rivas, a miña opinión é que nestes últimos 25 anos houbo un renacer da cultura galega de enorme importancia. Por unha parte porque hai apoios institucionais que non xorden só da creación de novos centros como o Consello da Cultura Galega, a aparición da TVG e da Radio Galega, a Consellaría de Cultura no seu conxunto, a aparición de novas infraestruturas culturais como os museos.... senón que tamén hai un achegamento a cultura galega a través do ensino da lingua e da cultura galega e dos cambios que se producen fundamentalmente no enfoque do ensino. Todo iso deu lugar un avance sen dúbida dunhas proporcións que á altura da preautonomía non eran imaxinables.
Ao mesmo tempo, continúa Barreiro Rivas, produciuse unha oficialización da cultura de tal maneira que, ademais da cultura impulsada oficialmente, a maior parte das asociacións hoxe funcionan subvencionadas ou enganchadas aos programas de axudas. Por outra parte, creo que o modelo se está esgotando e a cultura oficial terminou a súa capacidade de incidir sobre a expansión da cultura galega e se non aparecen unhas novas políticas e un novo compromiso na sociedade non avanzaremos máis. O que si poderemos aumentar é na dispoñibilidade dos recursos, é dicir, que seguiremos oíndo máis música, seguiremos vendo máis teatro pero o que é o compromiso da cidadanía coa cultura e coa lingua está nun punto estancado .
Etapas e fitos
Para Villares non é moi doado dividir estes 25 anos en diferentes etapas. Podemos dicir que nos anos 80 había bastante ilusión que era o que motivaba á xente. Mentres que nos anos 90 desembarcou moito máis claramente o poder político no ámbito da cultura. Unha dificultade na que tamén fai fincapé Barreiro Rivas.
En canto aos fitos deste 25 anos, ambos analistas destacan a creación de institucións novas e, en palabras de Villares, o incentivo extraordinario da creación cultural coa aparición de premios. Hai que ter en conta que en 1980 o único que había de aqueles era o Blanco Amor e os Premios da Crítica desde entón hai moitos máis incentivos, moito máis remunerada a acción cultural. Iso si, sen esquecer a escritores como Alfredo Conde, Manolo Rivas, Suso de Toro que acadaron, en palabras do historiador unha homologación bastante notable da nosa literatura no ámbito estatal con obras escritas en galego ou traducidas.
As políticas culturais
Desde a preautonomía ata o día de hoxe tivemos sete conselleiros de Cultura. Con mandatos largos e curtos, con superioridade masculina (seis homes e unha muller, a actual consellería) e con políticas culturais diferentes. Cada un deles ten a súa consideración para os analistas.
Comezamos por Filgueira Valverde, que estivo na preautonomía e foi o primeiro Conselleiro de Cultura do que Ramón Villares lembra que foi o impulsor do Consello da Cultura Galega. Pola súa banda, Barreiro Rivas considera que tivo dúas grandes vantaxes, en primeiro lugar a de unir o seu prestixio persoal co momento inicial da administración cultural. Houbo unha atención preferente á transferencia de competencias e algúns avances moi importantes desde o punto de vista cualitativo, desde a visión que tiña a cidadanía dunha nova realidade cultural.
Como Vázquez Portomeñe tivo dúas etapas (a primeira entre 1983 e 1985 e a segunda entre 1993-1996) tanto Barreiro como Villares destacan que houbo dúas direccións. Na primeira o seu mandato tivo outro nome propio, o do nomeamento do xornalista Luís Álvarez Pousa como director xeral. Unha decisión que, para Villares, foi un exemplo da súa traxectoria ao dicir que en política tratou de ser audaz. Para Barreiro Rivas a presenza do xornalista ourensá deu lugar ao momento máis importante desde o punto de vista cultural, ao marchamo da única política cultural que funcionou ata o día de hoxe, porque é o momento no que se fai cultura máis libre. É cando se crean infraestruturas, cando a xente non tiña reparos en facer propostas moi diversas e a Xunta non tiña ningún tipo de interese en condicionar a actividade cultural. Con Luis Álvarez Pousa naceron as axudas ao audiovisual que dará pé ao nacemento das tres primeiras longametraxes en 35 mm do cine galego ("Urxa", "Sempre Xonxa" e "Continental"). Sen embargo, o labor de Vázquez Portomeñe tamén ten a súa cruz porque Foi importante cuantitativamente pero, desde a miña posición, apunta Barreiro Rivas, folclorizou todo o que é a cultura galega e, polo tanto, eu faría un balance irregular, tivo cousas de bastante importancia como a revalorización do camiño de Santiago pero ao mesmo tempo moitos aspectos non foron tan positivos.
O seguinte foi Alejandrino Fernández Barreiro (1985-1987), a quen os dous analistas teñen moi desdebuxado e que se encargou, entre outras tarefas, de crear o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. Seguiuno Alfredo Conde (1987-1990), logo de que González Laxe se puxera á fronte do executivo trala moción de censura nos revoltos anos oitenta. Para Villares foi a típica figura do escritor metido a xestor político, aínda que fixo cousas importantes de promoción cara o exterior da lingua galega. Sen embargo, Barreiro Rivas considera que creo que foi un momento parecido ao de Luís Álvarez Pousa, pero con Conde ademais desta luz houbo unha sombra. A luz porque foi o momento no que moitos intelectuais de distinta maneira de pensar que viran con receos as políticas culturais se incorporaron ao goberno, pero en lugar de achegar a súa postura e marchar, quedaron no sistema coa seguinte profesionalización da cultura.
Aínda que con Daniel Barata (1990-1993) se inaugurou o Centro Galego de Arte Contemporánea, e o CGAI (creado no período anterior), os analistas consideran que tivo un período gris. E así chegamos ao mandato máis lonxevo da listaxe de Conselleiros de Cultura. Trátase o de Pérez Varela (1994-2005) de quen Villares di que foi o conselleiro de cultura que mellor executou no seu ámbito as ideas de Manuel Fraga sobre a cultura. Con Pérez Varela se deseñou a Cidade da Cultura, aprobouse a Lei do Audiovisual que deu pé á creación do Consorcio Audiovisual, a Galicia Film Comission e o Clúster, ademais que foi cando se publicou o primeiro Libro Branco con datos económicos sobre o sector. Barreiro Rivas é máis tallante ao asegurar que foi quen levou a idea de que a cultura é unha mercadoría; foi moi aloucado nos seus investimentos, nos que non tivo nin lóxica nin de racionalidade nos plantexamentos de futuro a pesar que investiu moito.
Como leva poucos meses no poder Ánxela Bugallo non tivo tempo para executar a súa política cultural. Os cambios ofrecidos (as remudas do IGAEM cos cambios en toda a cúpula directiva, o cambio de situación dentro do organigrama dos organismos relacionados co audiovisual e a paralización das obras da Cidade da Cultura ata redefinir o proxecto) transmítenlle aos analistas boas vibracións. Dáme a sensación, di Barreiro Rivas, de que será unha muller moi importante porque rompeu os pasos dados con gran acordo social. Ademais, di Villares, creou bastantes expectativas que esperemos que se cumpran.
Construir o futuro
Para Barreiro Rivas o novo modelo cultural debe animar e non dirixir, non pode ser exclusivamente subvencionado e que implique unha participación da cidadanía nos mercados. Iso si, di o politólogo que hai un tema pendente e moito máis importante que é a definición do que é cultura galega. Ata o momento defínese exclusivamente polo idioma pero creo que é unha limitación que compre superar para conseguir unha expresión máis ampla do noso tecido cultural.