Cultura repartira o libro “Selección galega” no partido de fútbol do combinado galego contra a selección uruguaia

Selección literaria

22/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
20 lecturas | Compartido 0 veces

Os seareiros que acudan o día 29 ao partido de fútbol Galicia - Uruguai recibirán un agasallo ao entrar no estadio de San Lázaro. A Consellaría de Cultura e Deporte editou quince mil exemplares do libro “Selección galega” que recolle narracións breves de once ilustres autores galegos falecidos e vai repartilos de balde entre o público asistente antes do inicio do partido co obxectivo de aproveitar a expectación do partido para difundir unha mostra da nosa literatura. O libro inclúe “Conto gallego”, de Rosalía de Castro; “Chegou das Américas” e “O pai de Migueliño”, de Castelao; “Os europeos en Abrantes”, de Vicente Risco; “O sorrir da serea”, de Otero Pedraio; “A arrasadeira”, de Blanco Amor; “O vello que quería ver o tren”, de Rafael Dieste; “O señor Cordal”, de Álvaro Cunqueiro; “Suicidio frustrado”, de Ánxel Fole; “O home da rosa branca”, de Avilés de Taramancos; “Que vello estás e que gordo!”, de Carlos Casares e “O señor Manuel da brocha grosa”, de Manuel María.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uruguai, Avilés de Taramancos, Carlos Casares, Rafael Dieste...