Isaac Díaz Pardo, Ángel Botana e Xosé Manuel Martínez Oca gañan cadanseu premio

Con P de Premio

Estes días veñen cargados de premios. A Asociación de Periodistas de Galicia vén de conceder a Ángel Botana o Premio Periodístico Diego Bernal en recoñecemento da súa traxectoria. Pola súa actividade profesional tamén foi galardoado un convalecente Isaac Díaz Pardo que sofre rotura de clavícula. O galeguista obtivo o premio Roberto Blanco Torres que outorga o Concello de Cuntis. Pola súa banda, Xosé Manuel Mártínez Oca acaba de facerse co Premio de Novela Xosé Rubia Varcia-Cidade de Ferrol na modalidade de lingua galega co traballo “Unha andoriña no sol” (que pasará a titularse “Como paxaro caído no niño”). En Ferrol tamén se entregou outro premio, o de piano coñecido como “Cidade de Ferrol” que foi para o italiano Tommaso Cogato. Por último, o grupo de contacontos Pavís Pavos e o portal Vieiros acaban ser galardoados cos premios Xoán Manuel López Pintos que concede o Concello de Pontevedra.

Máis información sobre o premio Blanco Torres en La Voz de Galicia, sobre o Premio Internacional de piano “Cidade de Ferrol” no Diario de Ferrol e sobre o premio Xosé Rubia Barcia en Galicia Hoxe