Méndez Ferrín foi galardoado co premio Álvarez Blázquez na noite de edición

Os primeiros editados

As 36 empresas que compoñen a Asociación Galega de Editores entregaron este sábados os “Premios da Edición 2005”. O premio Xosé María Álvarez Blázquez a mellor autor do ano foi para Méndez Ferrín; o Ánxel Casas a mellor libro recaeu na “Historia da educación e a cultura en Galicia” que escribiu Antón Costa Rico, mentres que a versión galega de “Manhattan Transfer” feita por Mercedes Pacheco recibiu o premio Lois Tobío a mellor libro traducido. O premio Isaac Díaz Pardo foi para o finado Luís Seoane polos gravados orixinais cos que ilustrou o libro de Lorenzo Varela “Catro poemas galegos”. Por último, Xavier Senín obtivo o premio Fernández del Riego a súa cooperación no labor editorial.

Máis información en Vieiros, no web da AGE e en El Correo Gallego