“O soño dunha noite de San Xoán” (Dygra) e “Gisaku”(FÃlmax e Bren) son dúas producións galegas e únicas rivais na categorÃa de mellor longametraxe de animación para a XX edición dos Premios Goya. Unha edición na que “Obaba” de Montxo Armendáriz se ergue como favorita con dez candidaturas entre as que figura mellor pelÃcula, mellor director e mellor actor revelación. Séguelle “Princesas” de Fernando León, con nove candidaturas e Ninette de Jose LuÃs Garci con seis. As coproducións das principais empresas do noso paÃs optan a numerosas estatuÃñas. De Continental figuran “Para que non me esquezas”, candidata a actriz protagonista (Emma Vilarasau), actriz de reparto (Marta Etura) e dirección artÃstica; “Un rei na Habana” a mellores efectos especiais; e “HeroÃna” a mellor actriz protagonista (Adriana Ozores) que interpetaba o papel de Carme Avendaño na súa loita contra o narcotráfico. Por outra banda, Camarón, na que participou Filmanova Invest, compite en cinco categorÃas: mellor actor, actriz de reparto, dirección de produción, vestiario e maquillaxe. “Fráxiles”, de FÃlmax, a produtora de Xulio Fernández, opta a mellor música e efectos especiais.
Máis información sobre O soño dunha noite de San Xoán, Gisaku, Para que non me esquezas e Camarón e sobre o resto de candidaturas en El PaÃs