Caixa Galicia lánzase ao campo da organización dos espectáculos cunha empresa pioneira en Galicia

Unha Caixa espectacular

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha empresa dedicada á organización de espectáculos e de eventos culturais e mesmo deportivos, á marxe de grandes eventos coma o Xacobeo e capaz de xestionar unha programación estable en todo o país. Esta é, basicamente a nova aposta de Caixa Galicia no campo cultural, que será unha realidade a partir de xaneiro de 2006, segundo informa hoxe "La Opinión". Ramón García Barros, que director ao longo dos últimos quince anos do Coliseum Coruñés incorpórase a este proxecto, que considera pioneiro no país "en Galicia o que hai agora son empresas que veñen de fóra". Entre os plans da nova empresa está a expansión do proxecto cara a Portugal e España.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, La Opinión, Xacobeo, Portugal

Claves

Conceptos
Lugares