Caixa Galicia inviste millón e medio na Sinfónica de Galicia e nos seus proxectos

Os outros números da música

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Sinfónica de Galicia inaugurará en quince días unha nova edición do Festival Mozart. Un evento que o aproxima paso a paso a un festival con iniciativa propia e cunha proposta diferente do que se pode ver arredor da figura do compositor salzburgués noutras zonas. De feito, o “Don Giovanni” que abrirá o festival o vindeiro día 19 indica o camiño a seguir. Un camiño no que Caixa Galicia vén de ratificar o seu compromiso coa formación coruñesa ao asinar o convenio co que achegará millón e medio de euros para a organización deste evento, así como para a celebración de dez concertos ao longo do ano.

Máis información en La Voz de Galicia, La Opinión e no web da Sinfónica

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Mozart, La Opinión, Festival Mozart...