Dous galegos gañan nos festivais de composición de Tarragona e no de cantautores en Elxe

Música por todas partes

13/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
“Dorian” é o tema da composición coa que Eduardo Soutullo se acaba de facer cos 12.000 euros do Premio Internacional de Composición que tivo lugar en Tarragona. Non foi o único galego que conseguiu un premio, xa que o ourensá Emilio Rúa acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con “Querida alegría”, unha canción interpretada en galego. Seguindo con música, a discográfica galega Ouvirmos presenta hoxe no salón de actos do Consello da Cultura Galega, o disco “Os gaiteiros de Soutelo”. Trátase da primeira compilación dos rexistros sonoros realizados en Ourense en 1928 e que xa se pode mercar nas tendas.

Máis información sobre o premio de composición en terra e sobre “Os gaiteiros de Soutelo” no web de Ouvirmos

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Rúa, Consello da Cultura Galega, Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares