A Xunta adianta actividades para o Ano da Memoria coincidindo coa apertura do Congreso da Memoria Histórica

Arredor das lembranzas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A investigación e a divulgación serán os eixes de traballo para o Ano da Memoria que se celebrará en 2006, segundo adiantou onte no Parlamento a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo. Entre outras iniciativas adiantou a celebración de obras de teatro, exposicións, congresos ou ciclos de cine, ademais da posta en marcha dun Portal da Memoria que sirva para “manter unha comunicación permanente coa cidadanía”. Ademais investigaranse entre outros arquivos o do Tribunal Militar IV de Ferrol, o Arquivo da Zona Marítima do Cantábrico, o Arquivo do Reino de Galicia e diferentes arquivos provinciais ou municipais. Coincidindo con esta comparecencia, onte comezaba en Culleredo o II Congreso da Memoria que analiza diferentes aspectos da Guerra Civil e da vida durante a Segunda República.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Ánxela Bugallo, Segunda República, Reino de Galicia...