A Cidade da Cultura constrúese día a día. Non só fisicamente senón tamén virtualmente ao ter que ir definindo os contidos que atesourará o complexo do monte Gaiás. Esa construción pon de actualidade o papel dos arquivos e os observatorios de comunicación. Superado o tópico do investigador na súa torre de marfil, afastado da realidade, os estudos e investigacións pasan necesariamente por modernizar e concederlle a arquivos e observatorios o seu papel determinante. ¿A información é poder?
Que ninguén pense que un arquivo é exclusivamente un lugar para almacenar papel e bases de datos, senón centros de xestión (arquivo e posta en valor) da información que, ben usada, outorga poder. Inmersos de cheo na sociedade do coñecemento a información convértese na pedra angular que regula a nova estructura social. Ademais, a documentación outorga ese coñecemento que nos converte en fortes. Por iso, debemos pensar nos arquivos e nos observatorios como fontes que teñen moitos puntos de conexión coa situación actual. Sobre os seus recursos, as necesidades e as súas posibilidades fálase nos encontros que hoxe comezan no Consello da Cultura Galega. Non son unhas xornadas de comunicación máis, pretenden ser un foro de debate e un lugar de traballo que sirva para conectar a realidade comunicativa coa orde social.
Cal é o seu papel
Non existe unha definición consensuada sobre o que debe almacenar e os protocolos a seguir nun arquivo de comunicación, nin tampouco sobre o seu obxecto de estudo. Pero cada un dos múltiples centros que existen no mundo, sexa cal sexa o seu ámbito de traballo, teñen claro que o seu papel é o de organizar a colectividade e xerar debate para protexer á sociedade contra os abusos e as manipulacións do poder, esixindo unha información de calidade.
A teoría sábea todo o mundo, aínda que a práctica vai por outro camiño. No traballo de informar todos os días precisamos datas concretas, antecedentes dos feitos que expliquen o que acontece hoxe, imaxes que ilustren a información (sobre todo no caso da televisión) e todo ese material, e algúns dos múltiples indicadores da calidade da información que se transmite, atesourase nos arquivos. Son os centros de documentación os que contribúen a facer memoria e axudar a entender os feitos comunicativos. Ignacio Ramonet, reputado catedrático, xornalista e director de Le Monde Diplomatique ten afirmado en múltiples ocasións que informarse custa. Razón non lle falta. Manter os arquivos dos medios é caro, precísase unha xestión razoada da información e, ademais, un interese persoal do xornalista para buscar eses datos que precisa.
Xunto a Ramonet, investigadores e representantes dos principais medios de comunicación do Estado estarán no Consello para explicar a dificultade entre a teoría e a práctica, e as súas particularidades profesionais.
Os arquivos en Galicia
Ademais dos arquivos que teñen os propios medios de comunicación para o seu uso interno, en Galicia existe desde o ano 2000 o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega que dirixe Xosé López. Entre os seus cometidos está o de establecer un censo das publicacións periódicas editadas en Galicia, sobre todo de difusión a pequena escala e recólleas en formato papel para a creación dunha hemeroteca. Foi medrando co paso dos anos e incorporou as publicacións periódicas da rede e os medios audiovisuais. Por iso, a día de hoxe, contan con tres bases de datos actualizadas (cuns 2.500 rexistros) periodicamente que outorgan a realidade mediática do pais.
A necesidade de arquivar e de pór en valor toda a comunicación vai parella á creación de observatorios, como o seu propio nome indica, lugares de observación dunha realidade concreta. No Consello da Cultura existe o Observatorio de Comunicación Local do Arquivo de Medios que, na súa andaina, elaborou un Mapa Comarcal de Medios. Un traballo que o propio Arquivo define como unha referencia fiable, na que se combinan datos referidos ao sistema de medios con datos que teñen que ver co marco socioeconómico de cada unha das áreas do territorio galego.
Non é o único. Desde o ano 2004 o Colexio de Xornalistas puxo en marcha o Observatorio Galego dos Medios de Comunicación . Dirixido polo profesor Luís Álvarez Pousa ten como obxectivos, segundo figura no seu web producir información sobre os medios de comunicación, servir de foco de converxencia da Sociedade Civil e chegar á opinión pública.
Estes arquivos contan con comisións ou seccións (algunhas de investigación, outras de información e outras de intervención) relativas a múltiples campos: desde a sociedade da información ata a publicidade, pasando por prensa, radio e televisión. Pero existen observatorios puntuais. A Universidade de Santiago ten o seu Observatorio do Audiovisual (ODA) que dirixe Margarita Ledo; un campo de traballo co que coincide o Observatorio Audiovisual en Galicia que creou a anterior Consellaría de Cultura cando deu a coñecer o primeiro Libro Branco do sector e que aínda está por definir as súas funcións e obxectivos. No campo das novas tecnoloxías existe algo semellante. A Universidade de Santiago, dentro do grupo de investigación de Novos Medios, conta observatorio do ciberxornalismo galego, mentres que o Colexio de Xornalistas ten o seu Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías.
Por último, e aínda que non fai alusión estricta aos medios de comunicación, si fai referencia a eles está a Fundación Calidade para o Desenvolvemento. Conta con tres observatorios, dos que destacariamos o Observatorio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación que, segundo o seu web ten a finalidade de examinar a realidade das empresas, as organizacións, as agrupacións, a administración e a sociedade galega en xeral con relación á aplicación das TIC.
E de fora
O panorama complícase se falamos da realidade estatal e europea. O labor de difusión social dos medios de comunicación conta con centros como o Museo da Comunicación en Berna, a rede de museos de comunicación de Alemaña, o centro holandés de comunicación sito na Haxa ou, por buscar unha realidade máis próxima, o observatorio de Comunicación Local da Universidade Autónoma de Barcelona que dirixe Àngel Guimerà. Destaca o Media Wacth Global, un Observatorio Internacional de Medios, con sede en París e que naceu coa vocación declarada de forzar un espazo colectivo de debate e de acción democrática en defensa do dereito de expresión. Formado por xornalistas, universitarios, militantes de asociacións, lectores e oíntes, telespectadores e usuarios de internet pretenden abandeirar a información como un ben público e reivindicar o noso dereito a sermos informados.