Lugo celebra o centenario do compositor Bal y Gay con exposición e concertos mentres Pontevedra lembra a Cuña Novás

Lembranzas musicais e poéticas

“Tentos e silencios. Xesús Bal y Gay” é o título da mostra que comezou onte en Lugo e que homenaxea este compositor cando se fan cen anos do seu nacemento. A exposición fai un percorrido pola vida deste compositor e complétase cun ciclo de concertos que tamén visitará Compostela e que permitirá coñecer máis polo miúdo a súa obra. Pola súa banda, Pontevedra homenaxeaba onte o poeta e xornalista Manuel Cuña Novás, no que foi o primeiro acto da fundación que leva o seu nove. Facíao cunha conferencia no IES Valle-Inclán a cargo do seu editor, Sabino Torres. Hoxe outra conferencia desenvolverá novos aspectos da vida de Cuña, e un recital poético-musical amosará parte da súa obra.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia