Hai dous anos un encontro reunÃa en Narón un bo feixe de invetigadores e interesados en coñecer unha historia sobre a que aÃnda pairaban medos e silencios. O Congreso da Memoria Histórica recuperaba unha Historia que pasou moito tempo agochada e falta de atención, a de aqueles que sufriron a Guerra Civil e a represión franquista. Neste mes de decembro celébrase a segunda edición deste evento. Desta volta, ademais de afondar en descoñecidos aspectos da Guerra Civil e da República, os organizadores constatan como ten medrado o interese por este tempo no noso paÃs.
Os primeiros tres dÃas de decembro son xornadas para lembrar en Culleredo. Durante estas datas, o concello coruñés acolle o II Congreso da Memoria Histórica, un encontro que reúne historiadores e afeccionados que van expor e coñecer aspectos ata o de agora practicamente inéditos do perÃodo da Guerra Civil e da represión. Carlos Pereira, historiador do Concello e coordinador do congreso, asegura que “a diferenza fundamental coa primeira edición do evento é a temática. No anterior o tema foi a represión franquista, desta volta o tema é o II República e a Guerra Civil”. Uns corenta relatores participan no encontro e achegan as súas visións sobre este perÃodo. “Son todo traballos inéditos sobre este perÃodo que tratan temas do máis variado, desde a masonerÃa na República ata a os mortos do 36 entre o profesorado, a fuga do Forte de San Cristóbal, a prisión da Illa de San Simón ou o colectivo Mulleres Libres”.
Movementos da memoria
Outro dos organizadores do evento, Manuel Fernández, presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, asegura que a participación nesta segunda edición está a ser semellante á da primeira. “Vemos que hai moitos traballos, as inscricións andan máis ou menos ao mesmo nivel e logo haberá un cincuenta ou sesenta por cento de público que non se inscribe e que só vai a escoitar as conferencias”. No que coinciden os dous organizadores é en sinalar que a incidencia social das actividades de recuperación da memoria foi en aumento desde o anterior congreso. “Nótase que hai un cambio de sensibilidade no goberno, e nesta edición van estar presentes a conselleira de Cultura, o presidente da Deputación e mesmo o presidente da Xunta”, indica Fernández. “A nivel social vese un incremento no interese por este tema”, completa Pereira, “logo outra cousa é a xente que se dedica a investigar, pero cada vez hai un número máis importante de entidades que se están poñendo a traballar”. Entre as propostas máis recentes está a constitución dun grupo de recuperación da memoria na Comarca do Deza e o anuncio dun posible novo colectivo en Pontevedra. “Nótase mesmo en que a xente xa fala máis e vanse abrindo. Cando comezamos no ano 2001 habÃa medo, e segue habendo algo, pero xa se nota unha andaina neste tempo”, destaca Fernández.
Método para escavar
Entre as múltiples propostas que se abordan neste encontro, encontramos dúas que inciden directamente nas actuacións que quizais conseguiron un maior impacto mediático para este movemento. Trátase das exhumacións dos restos de persoas afectadas pola represión. Neste sentido Fernando Serrulla, vicepresidente da Asociación Galega de Médicos Forenses, proporá un protocolo para seguir nestas actuacións. “Unha escavación feita sen método pode destruÃr elementos moi importantes á hora de descubrir a causa da morte”, explica. “Existen elementos que nos poden permitir establecer hipóteses sobre se houbo tortura ou tratos inhumanos. Se non se emprega a metodoloxÃa axeitada, as conclusións poden non ter validez cientÃfica ou xurÃdica”. Deste xeito, o médico forense reclama que todas as exhumacións se realicen baixo a dirección dun arqueólogo e de que se siga unha metodoloxÃa. “Propomos tamén que este protocolo se inclúa nun de maior amplitude que recolla tamén a investigación ante mortem. A través de investigación histórica, testemuñas ou documentos permite reconstruÃr as circunstancias das persoas”, completa. O interese por facer as cousas deste xeito non responde unicamente a cuestións profesionais. “Estas son cuestións que teñen interese forense pero que tamén son necesarias para a maior parte das familias”, recoñece Serrulla. E neste sentido destaca que non todas as solicitudes que fan as familias para saber que foi dos afectados pola represión teñen que acabar necesariamente cunha exhumación. “En Euskadi, de máis de oitocentas solicitudes só se fixeron corenta e tantas exhumacións. En moitas ocasións o que quere a familia é saber onde está o corpo, nin sequera reclama a recuperación dos restos”. Outras veces, segundo explica este forense, cómpre a colaboración de testemuñas e a exhumación para localizar e identificar as vÃtimas.
ArqueoloxÃa da represión
Pola súa banda, Javier Ortiz achegará a perspectiva do traballo arqueolóxico aplicado ás exhumacións a este encontro. Ortiz, como arqueólogo que colabora habitualmente coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, foi o encargado de coordinar as exhumacións que se realizaron este verán en PortomarÃn e máis no Vicedo. “A miña intervención será unha pequena presentación sobre a exhumación dunha foxa”, sinala. Para alén dos casos concretos, Ortiz explica as peculiaridades desta forma de arqueoloxÃa. “AÃnda que se emprega o método arqueolóxico, estes procesos non poden ser considerados escavacións en si. Entre outras cousas, esixen uns coñecementos de antropoloxÃa forense, xa que as persoas que desenterramos faleceron por morte violenta. A particularidade máis destacada respecto a outras escavación, é que mentres estás a exhumar tes a pé de foxa un familiar moi achegado do falecido”. Ao igual que Serrulla, Ortiz destaca a necesidade de seguir un método para as exhumacións. “Este traballo teno que facer un arqueólogo, xa non só para recoñecer cuestións como recoñecer a diferente textura da terra ou a coloración, senón tamén porque en moitas foxas son varios os individuos que se encontran e hai que ir sacando os restos sen mesturalos”. O estudo histórico previo a acometer a escavación é tamén para este investigador un paso imprescindible no proceso. “Cando se vai facer unha foxa hai tres pasos indivisibles. O primeiro é o aspecto histórico. Ver quen está alÃ, que lle pasou e reconstruÃr os momentos anteriores á morte. O segundo é a exhumación en si e logo o terceiro é xa o estudo antropolóxico forense, ver as causas da morte e quen é cada persoa”. Ortiz prevé voltar este verán ao noso paÃs para emprender buscas en novas foxas. “Algunha familia xa se puxo en contacto comigo a raÃz da experiencia deste verán”, explica. “De xeito que penso que para o ano volto exhumar a Galicia”, conclúe.
Novas asociativas
Entres as novas que o congreso achega para recuperación da memoria en Galicia está a creación da Rede Galega da Memoria. A iniciativa preséntase coma unha coordinadora aberta que agrupa, polo momento, a Asociación Memoria Histórica Democrática, a Asociación Cultural Fuco Buxán, o Ateneo Republicano mais a Fundación 10 de marzo. “No anterior congresos expúxose a necesidade dunha coordinadora”, explica Manuel Fernández. “Entón puxemos en marcha a rede, e chamamos para comezar a aquelas asociacións máis achegadas e coas que xa estamos en contacto”. Neste sentido, o presidente de Memoria Histórica Democrática insiste en que o proxecto está a aberto a todos os colectivos interesados na recuperación da memoria. “O que pretende a Rede é facer un pouco de amplificación e de coordinación para todos os traballos que se fan. Hai moitos actos, presentacións de libros, e eventos que fan as asociacións no seu ámbito que non se coñecen axeitadamente”, lembra. “Tamén queremos promover o debate de ideas, e coordinar algún traballo conxunto”, resume. A outra grande nova para o sector que xorde deste congreso é o inventario dos Consellos de Guerra do Tribunal Militar IV de Ferrol que está a dirixir Emilio GrandÃo co apoio da Deputación da Coruña, e que desvelou abondosos datos sobre as acusacións e os procesos aos que foron sometidos os seus familiares. O propio GrandÃo explicará polo miúdo no congreso esta iniciativa, que cifrou en 2.500 os afectados pola represión na provincia da Coruña nos anos da Guerra.
Máis memorias
Para alén dos relatorios, o congreso inclúe a mostra “A vida cotiá no primeiro franquismo”, realizada pola Fundación 10 de marzo. Ademais, Teatro do Atlántico porá en escena “Memoria do 36”, un espectáculo poético musical no que o grupo recupera poemas sobre a República e a Guerra e que se vai estrear para este evento. A recuperación deste perÃodo histórico promete achegar abondosas novas para o 2006 que a Xunta xa declarou Ano da Memoria. Homenaxes, estudos, pero sobre todo historias que ata o de agora ficaban tapadas polo medo e o descoñecemento, van ir saÃndo á luz nos vindeiros meses.