A Xunta estima o recurso do BNG contra a desprotección de Recimil

O xogo de catalogar e descatalogar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A situación do barrio ferrolán de Recimil volve estar sobre a mesa. Co anterior goberno autonómica, o alcalde popular Juan Juncal conseguiu a desclasificación deste barrio co obxectivo de proceder ao seu derrubamento. No entanto, o actual goberno acaba de admitir o recurso de alzada do BNG, que solicita a súa catalogación para a posterior rehabilitación, tal e como se fixera noutras zonas urbanísticas de Ferrol. Agora, o procedemento pasa por unha valoración técnica da Comisión Territorial de Patrimonio, mentres os veciños que están a favor (asociación de veciños “El Pilar”) e os que están en contra (asociación “San Fernando”) convocaron senllas xuntanzas para hoxe co obxectivo de decidir que medidas adoptarán.

Máis información no Diario de Ferrol e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, BNG, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares